//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.). Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.
O Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia é un inventario exhaustivo e pioneiro, impulsado pola Consellería do Mar xunto coa Universidade da Coruña, que documenta, que pon en valor a herdanza litoral galega mediante a catalogación de 1.452 bens singulares (como antigas conserveiras, estaleiros, cetarias ou cargadoiros). Para acadalo, levouse a cabo un intenso traballo de campo dirixido polo doutor arquitecto Óscar Fuertes Dopico que permitiu mapear máis de 24.000 quilómetros do noso bordo litoral. As Áreas Nai ou Espazos de Interese Cultural Marítimo (EICM), pola súa banda, son enclaves singulares da nosa costa que se preservaron da urbanización masiva, mantendo a súa esencia histórica e paisaxística. O proxecto identificou 28 destas áreas en Galicia, que destacan por ser conxuntos patrimoniais vivos nos que se mantén intacta a relación tradicional entre o mar e as comunidades mariñeiras locais.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.
Durante seis días do mes de setembro, Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación para todos os públicos. Preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas.
O balance de doazóns de sangue do ano 2025 destaca a participación e solidariedade de todas as persoas que realizaron 105.337 doazóns durante o pasado ano. Esta cifra representa unha taxa de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Así, este índice segue a situarse como un dos máis elevados de España, con preto de tres puntos por riba da media estatal dos últimos anos. Destacan tamén os 9.275 doantes novos do ano 2025, un dato especialmente positivo ao representar o 12,65 % de todas as persoas que participaron. En 2025 doaron un total de 73.317 persoas.
O evento celebrarase o 8 de xuño e concentrará a máis de 30 chefs con Estrella Michelin, nunha cita que, como definiu o organizador, Rogelio Rial, 'non só pon en valor o talento culinario, senón tamén o noso territorio, o Camiño de Santiago e a capacidade dun lugar como Negreira para acoller un evento deste nivel'. Esta edición homenaxearase ao célebre cociñeiro Juan Mari Arzak e colaborarase coa asociación Art for Dent, reforzando o compromiso social da iniciativa.O director de Turismo de Galicia puxo en valor a conexión entre gastronomía e Camiño de Santiago que impulsa a iniciativa.
O Centro de Coidado Integral do Cancro de Galicia é un dos 14 centros españois designados para formar parte da rede de excelencia no tratamento do cancro no continente que a Unión Europea quere poñer en marcha, un paso fundamental cara á certificación plena que se agarda acadar no ano 2028. O obxectivo principal é consolidar Galicia como un referente de excelencia e calidade nesta materia, garantindo que os avances científicos se apliquen de forma efectiva na práctica clínica e que todos os galegos e galegas teñan acceso a unha atención oncolóxica de calidade, vivan onde vivan.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da Tinería.
O proxecto europeo MAREST, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, celebrou este martes a súa reunión de arranque (kick-off), que marca o inicio oficial das súas actividades científicas e de coordinación entre socios. O obxectivo do programa é reforzar a cooperación transfronteiriza entre España e Portugal, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á cohesión territorial das rexións participantes.
Entre finais de abril e comezos de maio, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo levou a cabo a segunda campaña de sondaxes no castro de Hortas, nas illas Cíes. O proxecto foi levado a cabo en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.
O Claustro da Universidade de Santiago quedou constituído este luns 11 logo de ter mudado a súa composición nas eleccións do pasado 12 de febreiro. Tras a sesión extraordinaria, tivo lugar a ordinaria na que se presentou o informe do Valedor da Comunidade Universitaria correspondente ao curso 2024-2025 e na que a reitora fixo tamén un informe de situación.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
A Universidade Nacional Tsing Hua (NTHU) de Taiwán distingue ao profesor coruñés Ricardo García Mira coa cátedra honoraria 'Ching-Ching Hung-Dao'. Financiada pola Fundación que leva o mesmo nome, esta cátedra foi deseñada para recoñecer a excelencia en investigación, docencia e prestixio internacional, e ao mesmo tempo atraer ou reter talento académico. A cátedra está considerada un dos maiores recoñecementos académicos internos na Universidade Estatal Tsing Hua, con sede en Hsinchu, por riba dun posto ordinario de profesor.
Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acollerá ata o 15 de setembro a exposición A Coruña, porto negreiro, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano.
O campus de Ourense acolle a celebración do seminario internacional Emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais. Con el dáse continuidade ao proxecto Jean Monnet titulado 'The central role of the European Unions social rights in employment in the twenty-first century (RightsEU)', coordinado desde a Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.