Buscador
Notas

Normalidade, según a Xunta, na segunda xornada de apagados analóxicos da última fase de incorporación á Televisión Dixital Terrestre (TDT) que afectou aos concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda.
O Consello Escolar de Galicia informou sobre o proxecto de decreto que regulará a FP en Galicia. Os ciclos serán adaptados ás necesidades e demandas da sociedade galega no relativo aos estudo se á mellora das competencias. O proxecto contempla promover o espíritu emprendedor.

O Centro Multimedia de Galicia (CMG) acolle a presentación da Guía Webs de Galicia editada por Interdix Galicia en colaboración coa Xunta. Publicada a toda cor, esta guía recolle en galego información sobre 4.800 webs galegas que tamén figuran no portal www.websgalicia.info, de Galiciadigital.com.

Especialmente enfocada cara o rural, a campaña divulgativa da Xunta de Galicia sobre a TDT e o Plan de Banda Larga percorre diversas localidades galegas para aproximar as tecnoloxías da comunicación aos cidadáns.
A consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade colaboran na edición desta obra que tanta centrar a mirada nas mulleres como suxeitos da arte e non coma obxectos.