|
|
5 As primeiras manifestacións políticas do feito diferencial galego:
|
O REXIONALISMO
|
|
Patricia Rguez. López
|
|
|
|
Trala derrota politico-militar do provincialismo galego no ano 1846 xorde o Rexionalismo Galego .A iniciativa céntrase no cultivo da lingua, literatura, música e folclore, podendo dicir, en xeral, que principia o proceso de construcción da Galicia contemporánea. É, pois, no campo cultural onde debe buscarse a orixe real das mobilizacións a favor do rexionalismo.
Algúns dos alicerces do rexionalismo foron, por unha banda, (1) algunha prensa e, por outra, (2) a actividade literaria representada nos xogos florais.
|
- Prensa rexionalista.- Impulsada por grupos locais, desconectadas nun principio, e de orixes moi diversas, aparece algunha prensa de inspiración rexionalista. Coñecen algunha relevancia:La Region Galega (Santiago). dirixido por Manuel Murguía; El Regional (Lugo), dirixido por Aurelio Pereira, El Libredon, con Alfredo Brañas, a revista Galicia (A Coruña) dirixida por Andrés Martinez. La Pequeña Patria (Santiago), baixo a dirección de Enrique Labarta. A Monteira (Lugo), dirixido por Amador Montenegro Saavedra..
- A institución dos Xogos Florais exemplifica na súa evolución desde as celebradas na Coruña (1861) organizadas por López Cortón e Antonio de la Iglesia, nos que se premiou o poema "A Ga1icia de Francisco Añón, ata os celebrados en Pontevedra (1884) e Tui (1891), onde a reivindicación da cultura galega alcanza tons de autentico mitin patriótico.
|
No mesmo sentido que a creación literaria, incidiran os esforzos da fundamentación histórica de Galicia, como territorio diferenciado, levada a cabo por Verea y Aguiar, Martinez Padín e sobre todo Manuel Murguía.
En canto os elementos estrictamente políticos,resulta claramen-te visible a eua xénese a partir de posicións culturais e a eua xestación o longo dun complexo proceso de loita ideolóxica que, considerando a Galicia como centro de grandes necesidades, impugna a ideoloxía centralista dominante e o modo de dominación que sustenta e reproduce amplamente o poder de Madrid.
Así mesmo, postulábase unha identificación natural dos galegos con Galicia, como realidade territorial, concitara dunha nova lealdade patriótica para facer xurdir uns vínculos propios da galeguidade. Intervencións de Murguia como o discurso no certame literario de Pontevedra ou como o seu libro Los precursores constitúen destacadas manifestacións do inicial galeguismo histórico. Este sentir difuso está integrado por un conxunto de elementos politico-ideoloxicos de variada natureza que, en liñas xerais, busca unha organización política portadora de intereses galegos específicos, e establecida nunha autentica democracia representativa fronte a falseada polo "turno vergoñenta dos partidos que non asume a defensa dos " intereses xenerais de Galicia", nin sobre todo- adhírese ó anticaciquismo
O abandono da vaguidade programática e o avance cara a unificación das forzas dispersas a nivel local, tradúcese nunha mais nítida demarcación das fronteiras internas ideolóxicas escindiron o ideal rexionalista en tres tendencias.
|
- Rexionalismo liberal, vinculaba estreitamente os seus proxectos de descentralización ós principios demoliberais clásicos, que a restauración e a soberanía compartida falsearon e degra-daron en oligarquía e caciquismo.
- Rexionalismo federal, postulaba unha descentralización radi-cal de tipo federativo, plasmada no proxecto de Constitución pa-ra o futuro Estado Galego (Lugo 1886)que se manifestaba decididamente democratizada da vida política do pais a través dunha mili-tancia anticaciquil, o reforzamento do parla-mentarismo e a superación do sistema de partidos vixente.
- Rexionalismo de corte catolico-tracionalista, en profunda rotura cos deseños anteriores, baixo a dirección de Alfredo Brañas, non contemplaba a presencia de poder lexislativo galego, pero foi un inspirador férreo da loita contra o caciquismo e defensor apaixonado das especificidades galegas, sobre todo, dos seus modo de producción tradicional.
|
Noutra orde de cousas, este movemento tivo as súas iniciativas organizativas que resumimos deste xeito:
Da man do grupo Compostelán (Brañas, Cabeza de León, Besada), baixo o impulso de Murguia, foron aparecendo os difirentes comités locais rexionalistas nas capitais- que articulaban a denominada Asociación Rexionalista, primeira tentativa or-ganizativa do movemento.
Baixo a dirección do Comité Central redactouse un programa de gran vaguidade que debería ser posteriormente discutido e concre-tado. Os puntos centrais eran: a autoorganizacion dos galegos, o anticaciquismo, o fomento da agricultura e a rebaixa dos impostos do campesiñado.
A análise da procedencia social dos afiliados mostra unha presencia masiva da pequena burguesía urbana (comerciantes e profesionais) ,en especial intelectuais nun sentido lato, así como unha notoria ausencia da fidalguía ou da alta burguesía (industrial e comercial). En suma, unha organización activa e dinámica dotada dun singular poder discursivo a locuacidade que contrasta vivamente coa debilidade da súa praxe. Polo tanto, o rexionalismo dá a impresión de posuír un soporte social integrado por indi-viduos marxinais ós centros do poder económico e político.
O enfrontamento interno entre os diferentes sectores do Comité Central Rexionalista de Compostela ía poñer ben axiña de relevo as difíciles condicións estructurais da posibilidade sobre as que se pretendía erixir unha mobilización galeguista de masa.. As escisións e antagonismos impediron en todo momento a cristalización dun auténtico liderado. A saída do consello de La Patria Gallega, dirixida por Murguía e do sector catolico-tradicionalista, constitúe a pronta expresión da conflictividade estructural que caracterizaba a mobilización rexionalista galega na altura de decembro do 1891, nos seus mesmos comezos. Deste xeito, cumpre admitir que este movemento non pasou de ser un grupo de presión que acadou algunhas cotas de galeguización. Na súa defensa é preciso subliñar o feito de que o proxecto inicial da organización deseñarase como unha rede de xuntas locais, provinciais e centrais, a través das sucesivas representacións e que pretendía cubrir organicamente todo o territorio galego . Esta rede non chegou nunca a plasmarse na práctica.
Na altura de 1893 os limites e dificultades, internas e externas do rexionalismo galego xa quedan plenamente de manifesto coa continua dominación estatal no mesmo seo do rexionalismo.
Sumido en graves conflictos internos e desasistido de apoios sociais queda reducido constantemente a un grupo de intelectuais galeguistas. Asemade verase afectado na súa propia interioridade polo entramado canovista que lle erosionara os apoios electorais e destacados militantes, limitándose así, unha e outra vez. á producción dun discurso diferencial sen presencia efectiva na escena política galega, como a experiencia das ligas rexionalistas poría unha vez máis de manifesto.
|
|
|
|
|