Xosé Alexandre Cribeiro
1936
Íntimo e solidario
Naceu en Pontevedra, nunha familia ilustrada e galeguista. Neno aínda, trasladáronse ó Morrazo, e fixo o Bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudiou Dirección no Instituto de Investigocións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, cidade na que foi membro do grupo "Brais Pinto". No 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 residiu en Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou intensamente na prensa e foi activo militante do PCE. Traballa na TVE e reside habitualmente en Madrid por razón do seu traballo, mais foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia.

En 1960 publicou Acoítelado na espera, que fora premiado o ano anterior pola Unidade Galega de Nova lorque. En 1979 saíu a luz Indo pra máis perto.

O primeiro libro de Cribeiro está de cheo inmerso na "Escola da Tebra", se ben é menos hermético ca outros seus representantes e inclúe textos de denuncia social. No segundo libro (que inclúe tamén o primeiro), esta última temática é ampliada con fermosos poemas onde aparece a solidariedade revolucionaria, o antifascismo e a esperanza patriótica. Sempre nun nobre verso libre, Cribeiro é un poeta que golpea forte e eficaz sobre a conciencia dos lectores.

Cribeiro finou no ano 1995.

Tremendamente triste vouche pedir
que me deala man, compañeiro,
que eu sinvo pra loitar
i-o meu sangue é do teu.
Por onde fuxe a libertade
estaremos hirmán
pra recolle-lo plomo.
Pero resulta verdadeiramente importante
que tu me deala man,
pois que de duas xuntas i-agarradas
quedan ceibes outras duas,
fortes e seguras
como a fame que a Terra exporta.
Vente compañeiro,
vamos ó regueiro onde ferve o sangue
que xa non debe ser inútil.
Vente, compañeiro, que por máis que maten
o acougo mais valerá.
Vamos pola beira
que inda somos poucos:
o frente xa se encherá.

Principal