|
Ramón González-Alegre e Bálgoma naceu en Vilafranca, no Vierzo de lingua galega. Cursou o Bacharelato en Vilagarcía de Arousa, e os estudios de Dereíto na Universidade de Compostela. Despois dunha breve estancia como profesor na Universidade de Madrid, radicouse para sempre en Vigo, onde exerceu a avogocía. Nesta cidade fundou e dirixiu a revista poética "Alba", de importancia fundamental no rexurdir da poesía galega nos anos cincuenta. Crítico e antólogo da literatura galega, o seu Poesía gallega contemporánea levantou certa polémica. Publicou varios libros de poesía en castelán, e un volume con catro pezas de teatro en galego.
Fernández del Riego publicou na Escolma de poesía galega seis poemas de González Alegre, tres deles dun libro, O ronsel na fonte, que nunca foi dado coma tal ó prelo. En 1961 publicouse o único libro de poesía galega do autor verciano, Os namoros, que recolle poemas escritos entre o 1946 e o 1960.
Se ben a poesía de González-Alegre non é de grande interese, algúns dos seus poemas pseudo-trobadorescos teñen certa gracia. Por outra banda, cultiva un verso de intención clasicista que non chega a callar de todo, quizais polo seu escaso dominio do galego escrito.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hastra o fogo i a sal do noso abrazo
traspón un sono escuro como brétema.
¿Dasme, amor, a túa paz, ou dasme chama?
¿Dasme a folla que voa, ou me dás barro?
¿Dasme orballo de vida, ou verdes bágoas?
O fogo canta pola miña anguria,
i és tí que colle beizos e auga nova;
leve ronsel que teño latexando
pola estatua da carne onde ti voas.
Hastra a sede do sono es ti meu canto,
meu niño silandeiro que desperta
o marmucio da fonte onde nos chama
o deserto de ollar un tacto soio.
Sob a noíte teus pés pisan o vento,
¿Pode a terra pisar tan docemente?
O eco é un triste beizo neno
un novo mar de escumas péleriñas,
unha morte de estrelas silandeiras.
Mais ti tés un pranto de folerpas
alcendidas de lume e de miragres. |
|