|
Naceu en Ourense, cidade na que fixo o Bacharelato e obtivo o título de maestra. Empezou a exercer esta profesión no 1944 en varias escolas de Galicia e Castela. Residiu varios anos en Caracas, con intervalos de estancia na Península, e ocupou varios cargos oficiais no ensino daquel país. Publicou narrativa e teatro en castelán, especialmente para público infantil, e unha chea de libros poéticos en castelán, algúns tamén para rapaces. Todos estes xéneros practicounos tamén en lingua galega. Na actualidade, xubilada xa do maxisterio, reside na súa cidade natia.
O seu primeiro libro de poesía en galego, Íntimas, deta de 1952. Seguironlle Maturidade (1955), A seudade i outros poemas (1964), Versos para os nenos da aldea (1968), Os poetas (1971), e Oriolos neneiros (1974), en colaboración con súa irmá Dora.
A obra poética de Pura Vázquez é varia e enraizada nunha actitude sentimental perante a vida. Constrúe habilmente o verso, especialmente o hendesasílabo e o alexandrino, e no dicir de Méndez Ferrín, a súa poesía "semella un fiel e fermoso resoador dos modos expresivos dominantes na lírica española dos anos corenta e cincuenta". |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Teño ladas canciós,
e léne música en salaio... Levo
asubiares de malvises montesíos
nos beizos tenros
de zume azul, de luz de meiodía,
e unha celme colmea soterrada no peíto...
Violís e páxaros
cantarolan nos meus abidueiros
c-un estronicio multiforme,
lizgairos e pequenos.
Todo é música inxel en rechouchio...
Levo nas veas xílgaros e meíros,
e a coudal moitedume das eólicas arpas
gurgúllanme na sangue seu cósmico segredo.
Hai melódicos aíes axexando nas ponlas
coma arcanxos bulindo, de leviáns sóns ou rezos...
Unha pomba galáxica sobre de min se abate,
afúndeme en armónecas que me ceiban no vento:
son panel arrolante e fol mollado en lúas,
e alalá da saudade, vibrante ciene céltigo... |
|