Juán Pérez Creus
1912
A voz que vén das Torres de Geén
Naceu en La Carolina (Jaén). É mestre nacional e licenciado en Filosofía e Letras. Viaxou por Europa e asistiu á Universidade de Xenebra. Reside desde hai moitos anos en Madrid.

Publicou artigos e varios libros de poemas na súa lingua. A pesar de que nunca residiu en Galicia, nin estivo especialmente relacionado con escritores galegos actuais, trabou coñecemento coa nosa lingua a través da poesía medieval e moderna, e en 1951 publicou na colección Benito Soto o seu libro As cacións dise amor que se diz olvido. En 1991 a Dirección Xeral de Política Lingüística, publicoulle o seu segundo libro en galego, As derradeiras pombas do serán.

Nunha carta a Celia López Baldomero, di Pérez Creus: "A min encantábame ver, nunha lingua daquela descoñecida, como se aludia a terras andaluzas. Por exemplo, Paio Gómez Chariño, almirante de Castela co rei Afonso X, ten unha canción que di:

¡Ai! Santiago, padrón sabido,
vós mi adugades o meu amigo!
Sobre mar vén quen frores d?amor
ten:
mirarei, madre, as torres de Geén.

Que nesa lingua saíse a reluci
Quizais este encantamento levaría a Pérez Creus a labrar na nosa lingua uns poemas de ricos matices popularistas que teñen un estraño sabor a sinceridade e non a mero xogo literario. Destaca un idioma bastante bo, mellor có dalgúns poetas galegos da época.
A VOZ QUE VEN DAS TORRES DE GEÉN
Parque del Oeste,
lonxana castela,
ai, xardís por onde
comigo levéina!
Hoxe vou senlleiro
mentre a morte chega
por outros vieiros
qu-a lúa refreixan.
Vou de Santiago
ó chan de Cedeira,
cego pola noite,
caíndo nas pedras.
Os gionllos teño
cheos d?azuceas,
nos meus beizos levo
calávres de verbas,
nos meus ollos grises
bagullas resecas,
e, sobor meus lombos,
com?unha cruz preta,
levo un cadaleito
inzado de penas.
Parque del Oeste,
lonzana Castela,
xa non me veredes
con ela!
Cecais unha noite
miña alma segreda
vagará aqueixada
por vosas aréas.

Principal