|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Manuel Casado Nieto
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1912-1984
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Poeta coloquial e nostálxico
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Naceu no Castro de Caldelas e estudiou ciencias e Dereito en Compostela e Madrid. Ingresou en 1935 na carreira fiscal, que exerceu en Oviedo e Pontevedra, e o máis do tempo en Barcelona, cidade na que morreu. Foi presidente durante varios anos do Centro Galego da capital catalana.
En 1930 fixo a súa primeira publicación, o sainete Amor e eleuciós. Adicouse intensamente á traducción, e é autor dunha versión galega de oito poemas de Espriu. Pero a súa obra máis importante neste eido son as traduccións do Antigo Testamento ó galego, feitas desde a versión Vulgata. Publicou tamén dous libros de narrativa. |
|
A súa poesía está recollida nos seguintes libros: Orballo ispido (1955), 0 ronsel do meu silenzo (1956), Canta de lonxe o corazón do tempo ( 1969) e Vendima (1982).
Casado Nieto é un poeta que desde un inicial popularismo e imaxinismo evoluciona ata un coloquialismo nostálxico,expresado polo regular en hendecasilabos. Os seus temas son persoais ou familiares, con incursión nun sociarealismo sosegado. Nestas obras de madurez encóntranse os mellores poemas do noso autor que, se ben é un pocta menor, dono dunha fermosa e conmovente dicción que se manifesta en espléndidos acertos líricos. |
|
|
|
|
|
|
|
A MIÑA NAI
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
E logo, cómo choramos xuntos
a túa filla e irmá miña,
unha rapaza loira, bela e triste,
que se nos foi na macedade,
dimpoixas da seitura,
cando o vrau anda a ser porta do outono.
Tiña os ollo azúis e unha alma chea
do azul dos horizontes.
¿Qué restaba?
¿Qué che restaba a ti, nai, pra ateigares
a vida de congoxas e de loitos?
Tan sóio a túa forteza,
aquil teu senso do deber, fincado,
puido manterte ergueita
entre tanta door inmerecida,
co teu feitío de raiña, mentras
as saudades rillábanche as entrañas;
i eras no fondo, pesie ao teu espírito,
unha muller vencida sin remedio.
Todo o que hoxe che falo
só dun xeito sinxelo sei decircho.
Semellan versos, pero son somentes
verbas á toa
dun fillo en soliloquio
coa túa esguía sombra de escenario.
|
|
|
|
|
Parecías, nai, polo teu,
porte, unha raíña,
pero unha raíña destronada
pola perda do marido aos vintenove anos.
Tiveches que ser nai e pai a un mesmo
tempo
pra dous pequenos fillos,
os dous que che quedaron
dos cinco que lle deras a iste mundo tan
duro,
tan duro pra ti, nai
que coneceches todas as macelas.
Pero sabías, iso sí,
que tiñas o meu amor
coma unha enxurrada de tenrura,
coma unha cachoeira a se esfragar
sin folgo
dende o meu corazón cara o teu nome.
E que pra min calquera verba túa
era máis que unha verba: era a Palabra.
Ti na casa, i eu lonxe,
cun soio pensamento estarrecente:
a morte do meu pai, feita tristura
no fogar esmaiado. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Principal |
|
|
|
|
|
|
|