Xan Quintán querse casare non tén a muller buscada foille face-lo amor á filla da tía Xuana. Boas noites, tía Xuana, ¿donde lle vai a rapaza? Vai busca-lo ghas prá noite e xa me parece que tarda. E logo entrou a nena pola porta para dentro. Boas noites, Xan Quintán, traíote no pensamento. E tu contarás mentira, ai nunca Dios che me dera, quizá non queiras quecere ahora prá primavera. Ben sabes que eu son soliño, non teño con quen partir, eu riquezas non as teño, pero habemos de vivir. Teño unha cabra mui boa e tres ovellas preñadas, i-onha galiña que pon os oviños prás torradas. A cabra écheme mui boa, tróuxome cuatro cabritos, pero en cuanto dous maman os outros andan a brincos. Vendinos por cuatro pesos, téñoos guardados prá voda, se me queres dimo aixiña non me andes facendo a burla. |
Eu casar ben me casaba pero tamén che hei contar: quero facer unha saia e teño a lá por fiar. Teño os zapatos rotos i-on pano todo furado, si tés cuartos cómprame un e casaremos de contado. Fixeron as municiós, como é uso acostumbrado leváronllas ó Sr. cura que llas lese de contado. I-o curiña leullas logo no ofertorio da misa, i a xente que llas oíu, toda se fartou de risa. O padriño i a madriña, o cura e o sancristán, encheron o corpo de risa, cos feitos de Xan Quintán. E á nena deulle vergonza, i-afellas inda servía, e cuando xa van pra casare, dixolle que non quiría. O Xan Quintán quedou teso como as corres dun canizo. e deu a volta prá casa, tan siquera adiós lle dixo. Porque a nena que é bonita, e ten o corpo ben feito, hai que lle mirar ás obras, que lle falen os seus feitos. Recollido en Proendos - Sober - Lugo - 1978 falado. |