Voulles dicir unha cousa que os hei de facer rir un gaiteiro moi gracioso un día do mes dabril. il chamábase Cristovo i-a súa muller Micaiela tocaba nas romerías fuliadas e nas festas. Ganaba moito diñeiro tocando a súa gaitiña homes, rapaces e vellos rabeaban por oila. Cristovo na foliada bebeu de máis unha pinga e despois vendeu a gaita sin sabe-lo que facía. E cando chegou á casa borracho comon pelexo ¿que lle fixeches á gaita? Cristovo que non cha vexo. A miña gaita vendina á noite na foliada |
porque estaba acabadiña vella xa non tocaba. Sácate d'eí Cristovo sinvergonza e porcalleiro pra que vendiche-la gaita s'eu sin gaita non te quero. Cristovo quaquelo dixo salió ca cabeza baixa decindo: válgame Dios pra queu vendería a gaita. Cristovo ó ver aquello comprou outra nova gaita entrou pola casa adiante tocando unha ribeirana. Miña Mica, Micaiela podes estar contentiña tráioche outra gaita nova moito millor cá que tiña. Micaiela ó ver aquello botoulle as maus ó punteiro e dixo bailando sola tiruliro, meu gaiteiro. |
|||
Carmen Lage Morandeira - Anxeriz - Friol - Lugo - 70 anos. 1998
|