Xosé Mª Pérez Parallé
O Segrel de Ferrolterra
Naceu en Ferrol no ano 1909, e estudiou Dereito, Filosofia e Letras e Maxisterio en Santiago, onde comezou a colaborar na prensa e cofundou a revista Abrente. Viviu case toda a súa vida ó carón da cidade natal, na parro-quia de Barallobre do Concello de Fene. Morreu no 1987.
Pérez Parallé escribiu, sempre en idioma galego, unha poesía de carácter extremadamente popular. Son versos claros, sonoros e limpos, cheos de evocacións da vida tradicional rural e mariñeira. Chamábase a si mesmo segrel, e en realidade acaeríalle moi ben o termo de fistor que se emprega para designar os repentizadores e poetas da nosa sociedade tradicional, donos das palabras da tribo;
pois ainda que Pérez Parallé era realmente, como xa se dixo, un home de formación uníversitaria, a súa musa ignoraba voluntariamente esta con-dición.

De feito, moitos dos seus poemas naceron para seren cancións das populares rondallas de Ferrol.
Moitos dos seus poemas foron galardoados en xogos florais, e a maioría deles andan dispersos por xornais, revistas e outras publicacións, algunhas insólitas. O pouco que editou en libro e o dificil que é de conseguir faría aconsellable que se publicase unha escolma da súa obra. Con todo, gracias a afortuna das coincidencias, a Productora OPHIUSA puido ofrecer despois da sua morte un video con poemas ditos polo propio segrel que é un importante documento deste poeta fácil e pintoresco, non exento de preocupación patriótica e social, que foi ademais un home encantador.
PADRÓN
Cheguei un dia a Padrón,
nel quedoime e non me pesa;
prendéuseme o corazón
no van dunha padronesa.

Padrón, Padr6n,
a rula rolaba
no meu corazón.

Padronesa pimenteira,
nas hortas verdes do rio
prendícheme, fachuqueira,
co brínguelo laborío.

Padrón, Padrón,
a pomba zurea
no meu corazón.

A Padrón cheguei un dia
romeiro dunha promesa;
prendinme na picantía
dunha moza padronesa.

Padrón, Padrón,
un verso cantaba
no meu corazón.