Xosé Luís Méndez Ferrín
Il Miglior Fabbro
Naceu en Ourense, e fixo os primeiros cursos de Filosofia e Letras en Santiago. Licenciouse en Filoloxia Románica en Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. Desde rapaciño militou no nacionalismo radical, moi axiña marxista. Viaxou por Europa, coñeceu as correntes literarias do exterior e participou principalmente na renovación da literatura galega ocorrida a partir, máis ou menos, do 50, e estableceuse en Vigo moi novo aínda.
No 1964 cofundou a UPG (en realidade, a constitución, na que tomou parte tamén, fora o ano anterior, pero ficara en suspenso por razóns tácticas), e posteriormente, por escisión dela, o PGP e Galicia Ceibe. A súa intensa actividade politica custoulle varios anos de prisión. Novelista, poeta, dramaturgo, crítico literario de amplo
voo, espléndido articulista, Ferrín é a máis grande figura literaria da Galicia actual.
O seu primeiro libro de poesía é Voce na néboa (1957). Despois publicou poemas soltos e un libro, Antoloxia popular, do heterónimo Heriberto Bens, que no 1980 se reeditaria como Poesia enteira de H .B., incluíndo o longo poema Sirventés pola destrucción de Occitania. En 1976, despois de ter circulado xa en mecanoscrito, saiu Con pólvora e magnolias, e en 1982 O fin don canto. Axiña sairá Estirpe, libro do que xa se coñecen algúns poemas gracias a algunha revista literaria.
Ferrín é en certo xeito unha monstruosidade, un escritor xenial desde a súa adolescencia (Voce na néboa, escrito ós dezaseis anos, é un libro de perfecta madurez), que o único que fai desde entón é medrar en estatura e enciquecerse en sabedoria, construindo con ousado propósito unha única obra coma un mundo que,agora xa o sabemos, non ten par na Literatura galega.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
«...y no hallé cosa en que poner los ojos...»
OUEVEDO

Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en ti!. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde.
Lingoa que me enche a boca enteiramente
e coma un rio interno me asolaga.
Ouero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devocendo e sendo nada.
Galicia coma un rio que se estiña
terra de esmorecer, patria do vento
Ouero decir teu nome e digo dorna
valeira, merqullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome erqueito
pero non hai ninguén para escoltarme.