|
|
|
A Igrexa de San Andrés de Teixido encóntrase nun lugar moi arredado e bastante escabroso que tiña moi difícil acceso.
Cando lle mandou o Noso Señor a San Andrés que fose para alí co encargo de que as xentes lle tivesen veneración, el botouse a chorar e dixo:
- Si este é o voso desexo, irei. Pero coido que neste lugar tan inhóspito ninguén se ofrecerá para me vir ver e moito menos si son de lonxe as xentes.
O Noso Señor respondeulle:
- Non te preocupes por iso, Andrés, que aqui virá verte moita xente.
- Non o creo pero, si así fala, será por algo... respondeu Andrés.
- Ten fe, porque mira eu prométoche que "o que non veña de vivo unha vez, virá de morto tres".
Desde entonces son moitos os que van visitar ó Santo e fanlle moitas ofrendas, sobre todo en Setembro que é cando lle fan a romaxe.
Mesmo van moitos mozos e mozas a pedirlle noivos e noivas, e mirade si é milagreiro, que algúns xa o atopan de camiño de volta e véselles felices correr entre as leiras que quedan ó pé dos camiños.
Tamén hai a crenza de que indo sete veces se gaña a Gloria Eterna e que se fan méritos para morrer
en paz con Deus. Se ides de ofrenda ou visita a Teixido, onde está o S. Andrés, tede moito tino cos animais que vexades polo camiño. Non se deben maltratar de ningún xeito porque son as almas en pena que van cumprir coa promesa de visitar ó Santo. E isto sábese ben porque, en certa ocasión, un neno que ía cos seus pais en ofrenda, ó se sentar nunha pedra do camiño para descansar, viu un sapo que estaba alí cerca e, con certa malicia, pensou:
- ¡Vouno estoupar!.
E niso o sapo, contestoulle:
- Xosé, non o fagas, que son teu avó. Eu tamén vou con todos vós a cumprir coa promesa.
-
(*) Outra lenda conta que as palabras do Noso Señor e mais o noso .San Andrés. tiveron lugar cando chegaban nunha barca, por mar, a aquelas terras que había que evanxelizar. E en recordo desa lenda din que hai unha peneda que ile chaman a da barca do Santo S. Andrés, que ten forma dunha barca e que, segundo din, se virou de pedra para perpetuárese nos tempos como proba, cando aceptou con abnegación as palabras e mandados que O Noso Señor ile fixo.
E agora que sabedes as lendas e crenzas sobre o San Andrés de Teixido, xa non tedes desculpa para non cumprir de vivos con ela.
Mero. Reelaboración de recollas feitas en Mesfa e o de D. R. M. Liñares, en Teixeiro (A Coruña).
|
|