Detrás dunha porca
lunes, 14 de octubre de 2013
O paspán de Veriano Couce Rodríguez corría detrás dunha porca que acababa de fuxir do cortello. A porca respondía ó nome de Loída, que Veriano lle puxera cando decidiu criala.
Os veciños preguntábanlle o por que dese nome. E el tan só dicía que porque si, a maiores de ollar de mala maneira ó que lle preguntaba, pois xa estaba farto da maldita pregunta. ¡Que lles importaba!; puxéralle Loída e punto.
E cando a algo se lle pon nome, hai que chamalo desa maneira. Aínda que ás veces, ou quizais moitas veces, escapábaselle o de ¡maldita porca!, cada vez que non obedecía as súas ordes. Axiña arrecunchou a Loída contra o muro do cemiterio e conseguiu botarlle o lazo polo pescozo.
Con parsimonia e con moitas palabras cariñosas levouna ó seu curral. Claro que alí, xa sen escapatoria, pegoulle unha boa patada no xamón dereito, acompañado por un ¡maldita porca! Nos cabreos saíalle o primitivismo.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora