Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O envellecemento activo

martes, 19 de junio de 2012
Desde que a persoa é consciente da súa realidade, desde idade moi temperá, se quere sentir útil. E moito máis cando nos imos facendo maiores, pois non queremos que se nos considere mobles que hai que apartar dun lado ao outro, nin cargas pesadas para ninguén. Queremos ser autónomos.

As persoas que viviron no campo, desde sempre, traballaron ata a última hora das súas vidas. Noutros tempos, por necesidade, ademais de por sentirse útiles. Na actualidade, por sentirse útiles e activos participan nas tarefas do campo e do fogar, adaptadas ás súas capacidades.

Aparte disto, nos últimos trinta anos, grazas ao estado do benestar, conseguido co esforzo de todos, as persoas maiores puideron disfrutar de moitas outras actividades lúdicas e de ocio, especialmente viaxes, que lles supuxeron un enriquecemento da súa calidade de vida.

Ademais das viaxes, ultimamente, hai unha gran oferta de actividades culturais e de tempo libre, organizadas por asociacións, concellos, Uned Senior, etc., etc., que contribúen á mellora da vida das persoas maiores.

De todas maneiras, non todas as persoas maiores poden disfrutar desta situación. Hai moitas que viven soas, na cidade, cobrando pensións mínimas, de trescentos euros. Con estes ingresos non se pode vivir cun mínimo de dignidade. Esta xente está baixo o umbral da pobreza. Así, non se pode disfrutar de ningún envellecemento activo; só sobrevivir e esperar a morte.

A sociedade en xeral, pero, especialmente as institucións, teñen que garantizar unhas pensións dignas para todas as persoas maiores, e tamén os coidados que precisen cando non poidan valerse por si mesmas. Eles contribuíron a sustentar esta sociedade, dunha maneira ou doutra. Polo tanto, non os podemos deixar de lado. E non vale disculpas de crise. Hai outros gastos superfluos que si se poden evitar. Só consiste en ter a vontade de facelo e poñer os medios.

LOURDES PÉREZ FREIRE
Alumna da Uned Senior de Xestoso (MONFERO)
Aula de PADERNE ( A Coruña)
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES