Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O reloxo do tempo

martes, 06 de septiembre de 2011
Rincha o cabalo catro cancións escritas sobre o farol dunha noite negra. En cada retrouso trota a ansia vampiresa dun chupasangue e os lobos da noite oulean cara Poñente.

Voa o moucho por entre as carballeiras da memoria e en cada bater de ás vai un soño compartido nunha almofada branca. Hai paisaxes que debuxan un mundo negro e inmaculado. Ao unísono.

Quere morrer o escornabois esmagado no camiño, pero ninguén lle quere poñer un pé enriba. Pasa, a modiño, un home con cara de poucos amigos e o reloxo do tempo deixa caer, con parsimonia un tictac detrás doutro para que a nostalxia acougue na sela de montar do mesmo cabalo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES