Nestes intres de inestabilidade económica faise de novo actualidade a poesía de Manuel Rodríguez López, poeta obreiro e Fillo Predilecto de Paradela, emigrante e cronista dos galegos en Barcelona, que nos deixou físicamente no ano 1990.
A poesía Contrato foi escrita a finais da década dos 60 e incluida no libro Soldada Mínima, que se publicou con retraso en 1979 por mor da censura.
CONTRATO DE TRABALLO EN PERCURO,
dempois de longas camiñatas
polo arrabal fabril,
deche, ó fin, cunha porta franca.
As túas maos calosas
garabetearon nomes, datas;
namentras remuiñábanche
mil ideas na ialma:
Xornal, fillos, muller,
termar da casa,
catro meses baleiros,
comendo bágoas
porque a Crisis deixárate na rúa
sen doerse das entrañas...
Xa tés onde gañar o pan.
Traballas,
inda que a loita sigue
e as mouras inquedanzas;
que soio por tres meses
as túas maos contratan...
Os días voarán. O Paro,
cal noxenta pantasma,
con gargalladas cínicas,
AGARDA!
Do libro Manuel Rodríguez López. Poesía completa. Espiral Maior, 2009.