Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gardar as formas

lunes, 11 de octubre de 2010
Poucos mundos como o da política para facer ficción en canto a relacións persoais, en canto a manter a compostura pública aínda que as procesións, que sempre circulan polo interior, gocen do seu maior esplendor.

Viña o Ministro Blanco a Lugo presentar o selo de correos da Muralla, para atoparse cunha mínima manifestación do persoal do organismo das comunicacións como protesta pola reducción de servizos, pero tamén para inaugurar dous importantes tramos da autovía que unirá o norte de Galicia coa A-6. E nesta inauguración xurdíu a controversia.

Son reglas nunca escritas que as inauguracións teñan lugar con discursos laudatorios, enunciadores das vantaxes da obra que se pon en funcionamento, coidando a relación con todos os organismos representados no accto, con permanente vontade de progreso, de colaboración, e de confianza no futuro.

Nesta ocasión non se respectaron estas reglas e tanto o Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como o Ministro de Fomento do Goberno central lanzáronse mutuas acusacións de retrasos nas obras da súa competencia, en exemplo perfecto do que non se pode ou non se debe facer en ningún acto oficial.

Pouco importa quen empezou e quen continuou. Porque dous non discuten cando un non quere discutir, máis cando se ten unha tan alta responsabilidade institucional, e fala diante de representantes da xente do común que é a que verdadeiramente importa en todo o labor dos organismos oficiais.

Quen non sabe gardar as formas, corre o perigo de tampouco respectar os fondos. As formas son a parte exterior, o revestimento formal, da correcta detentación dun cargo público.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES