Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, de bandeira

viernes, 03 de julio de 2009
Temos os galegos e Galicia unha sona por España adiante das que leva tempo conseguir, e moitas veces nunca se conseguen.

A cuestión funciona na España árida e seca do centro, pero tamén no norte húmedo, no oeste mediterráneo ou no sur andaluz... E especialmente en Madrid.

Segundo esa sona, Galicia pode estar lonxe, no noroeste, perdida entre brumas, soportando choivas pertinaces e aínda alonxada xeográficamente porque as comunicacións manteñen distancias chamadas a desaparecer. Pero Galicia sobre todo é a consunción perfecta de mar e terra, vales e montañas, onde a terra sempre é verde de vexetación, a comida é das mellores cousas da vida, os rigores climatolóxicos non existen, e os galegos somos a xente máis pacífica e acolledora do mundo.

Pois así nos ven. E como nesto sempre hai formas de ver as cousas, para algúns será síntoma de subdesenvolvemento, para outros garantía de futuro turístico excepcional. Nós, quedámonos coa segunda das opcións.
Esto ven a conto porque Galicia ven de conseguir un total de 124 bandeiras azuis polo estado e calidade das súas praias e portos, superando en dezanove as conseguidas o pasado 2008. 49 bandeiras de praias son pontevedresas, 46 coruñesas e 24 lucenses. E nos portos, 3 pontevedreses e 2 coruñeses.

Galicia volve conseguir o primeiro posto nas comunidades españolas polo número de bandeiras azuis, o que para o Presidente Feijoo supón para este país “un triple logro medioambiental, económico e social”.

Temos gañada a consideración popular como comunidade e como conxunto de persoas, e o distintivo oficial que avala as zonas de veraneo danos un rotundo espaldarazo. Ben podemos concluir que Galicia é unha comunidade de bandeira.

Saibamos conservalo (conservalas) e potencialo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Touriño, xoguete roto : Touriño deixa a política activa, volve á docencia, volve á vidal real, co ap...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información