Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paro que aumenta

martes, 05 de mayo de 2009
O Conselleiro de Economía e Industria foi moi claro cando falou dos trescentos mil parados que hai en Galicia: Eu non vexo 300.000 parados, dixo; vexo 300.000 desgracias que hai que deter xa.

O caso é que o do paro parece un problema imparable, no Estado e en Galicia, que non deixa de medrar, que supera todas as previsións e cálculos, e que amenaza con destruir o sistema económico e social que tanto traballo costou erguer.

O Goberno dicta medidas paliativas da situación, a última a conxelación de tarifas eléctricas para cinco millóns de fogares ata 2012, pensada para consumidores con potencias contratadas de menos de 3 Kw, familias numerosas, pensionistas con importes mínimos, e fogares que teñan todos os seus membros en paro; parches, en fin.

En tanto, o Ipc baixan entre abril do pasado ano e este, evolución que parece vai durar ata o verán e o Fondo Monetario Internacional insta a España a que non tome máis medidas de estímulo fiscal para reavivar a economía a pesar dos catro millóns de desempregados, porque as xa efectuadas equivalen ó catro por cento do producto interior bruto, afirmando que hai que afrontar o tema a través de medidas que superen os problemas estructuráis da economía.

O paro é unha pantasma que nos ameaza gravemente, e parece que ninguén sabe como solucionalo. Todo son parches, remedios, amaños... Pero faltan solucións. Urxentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES