Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castelao rehabilitado

miércoles, 08 de noviembre de 2023
Houbo un acto, presidido por Pedro Sáchez, que repara a Castelao en toda a súa extensión. Se ben Castelao leva anos rehabilitado e dignificado na súa terra, é importante que o estado o recoñeza. Cabe lembrar que, democraticamente, a Castelao chamóuselle "xenófobo" e ninguén foi ao xulgado... debémonos aledar disto porque cando un burro ou burra ornea hai que ouvir pero xamais escoitar.

O certo está na fonte primeira: os libros de Castelao, non nas citas interesadamente manipuladas. En Castelao o retrato da diversidade é perfecto: as nais solteiras, a diversidade funcional, os vellos, a fidalguía decadente, as negras e os negros que traían de Cuba como escravos. É difícil lelo e non recoñecer nel un cronista da diversidade.

A quen o chama xenófobo quizais hai que terlle a piedade que se lle debe ao analfabetismo funcional. Aínda cando erguen exemplos de triste memoria como aqueles de 1492...

Castelao non necesitaba isto pero benvido sexa. Nós, os seus, seguimos bogando cara o mañá nunha barca de diversidade acolledora.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES