Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustiza económica para Galicia

viernes, 18 de julio de 2008
Galicia é a terceira comunidade que máis se beneficia económicamente de formar parte do Estado español, segundo se fixo público recentemente.

Que estas cifras se publiquen, en ningún modo é inocente e búscase o foro axeitado, e especialmente o momento preciso para que as cifras impacten nos lugares, institucións e persoas que interesa conmover.

Entre as Comunidades, xorden friccións por sentirse máis ou menos beneficiadas, máis ou menos preteridas. E mesmo en Galicia o dato creou diversidade de opinións políticas nos tres principais grupos políticos que discrepan en si Galicia é probe, se está tratada como corresponde, se esto é caridade do Goberno central.

Sen entrar en detalles numéricos, digamos que Galicia –con débeda histórica ou sen ela- precisa da solidariedade das comunidades máis ricas do Estado español, aquelas ás que precisamente foron traballar os galegos cando se sentaron as bases do seu poderío económico.

Ben se sabe que hai caridade cando non hai xustiza. No caso de que Galicia reciba máis do que da, é pura xustiza, non caridade.

A caridade exércea o poderoso sobre o humilde, o rico sobre o pobre. Pero entre comunidades iguais non se pode dar a caridade, senón que funciona de xeito xusticieiro un mecanismo de compensación para que reciba máis o que mais precisa.

Polo tanto, e mentras Galicia non se atope en situación de igualdade económica, deberá seguir sendo tratada de xeito xusto, recibindo o que é seu, por dereito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información