Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (II)

viernes, 19 de octubre de 2007
A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (II) A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (II) Artigo publicado no xornal “De O Progreso de Lugo”. Suplemento “Chaira”, 10 de Xullo do 2007, páx. 6.

A asociación cultural “Castiñeiro Milenario” presidida por D. Xosé Anxo Corral Novo, foi constituída aproximadamente hai un ano e medio. Este colectivo abrangue dun xeito preferente a persoas das parroquias de Baamonde e Pacios. Pois ben, a devandita agrupación cultural levou a cabo ó longo da súa curta existencia varias actividades de índole cultural, entre as que é mester distinguir a “ Recuperación da Feira de Pacios (Begonte)” no ano 2006, habendo daquela o firme propósito de continuar co acontecemento en anos vindeiros.

Fieis a súa palabra, esta asociación cultural xa está planificando dende hai meses diferentes actos para conmemorar o día 14 de xullo do presente ano unha nova edición da feira, caracterizada coma sempre por dous trazos significativos: o mercantil e o lúdico.

Dende unha perspectiva histórica, celebrábanse, dende hai moitos anos, dúas feiras neste municipio begontino:
A de Barrazoso, ubicada na comunidade parroquial de Gaibor, e a de Pacios. A primeira era máis antiga pois xa aparecía mencionada no Catastro da Enseñanda da segunda metade do século XVIII. Pola contra, a de Pacios era de data máis tardía e a súa vixencia era máis curta que a de Gaibor, da que aínda se conservan algúns restos reflectidos en diversos postos de mercadorías.

A de Pacios, que é a da que imos falar neste artigo, tiña lugar os días un e quince de cada mes. De tódolos xeitos, na lembranza das xentes da parroquia figura a data do quince como a máis relevante. O espazo, onde se conmemoraba o evento, posuía dous cobertizos divididos nunha serie de compartimentos, nos que algúns comerciantes vendían diferentes productos, como aperos de labranza, ferramentas de toda índole, utensilios de cociña, etc...

Á feira acudían, dun xeito preferente, os labregos e comerciantes da parroquia de Pacios e doutras limítrofes como Bóveda, O Castro, Insua, Pígara, Roca, Transparga...
Algúns situábanse ó caron e preto dos cobertizos e vendían diferentes productos alimenticios ligados á facenda, como chourizos, ovos, queixos, touciño etc… Co producto da venda adoitaban mercar outras mercadorías que precisaban, levándose a cabo unha economía de trueque. Ademais, había labregos que traían para vender cabras, cochos, mulos-as, xatos e vacas.

Na feira interviñan comerciantes e tratantes de diferente índole. É o caso de Concha do Reboredo, que se adicaba a mercar polas casas de Pacios e doutras comunidades limítrofes diferentes productos ligados coa alimentación, que logo vendía na feira. Tamén, hai que aludir as súas fillas Leonor do Pérez e a Remedios das Picharegas. Estaba última estaba ó fronte dun comercio de roupa.

Con respecto a outros comerciantes que viñan de fora convén aludir a Florentino de Roca; á Flaquera de Rábade; a Tornillo de Rábade, importante almacenista de lacóns e xamóns. Finalmente, “Os Canedo”, de Rábade, que se adicaban a mercar xatos, que logo mandaban en transporte a Barcelona e Madrid.

Co trascurso do anos, a feira foi decaendo por diferentes razóns, entre as que podemos citar:
O prezo que tiñan que pagar os comerciantes e os postos ambulantes polas súas mercadorías. Tamén a influencia doutras feiras cercanas, que ían adquirindo unha gran relevancia; é o caso das feiras do S. Estevo de Parga e Rábade, entre outras.

Isto motiva que na década dos corenta deixase de celebrarse este evento comercial.

Non é estrano, polo tanto, que a mencionada asociación recuperase esta tradición, que constitue un importante elemento identitario para a comunidade parroquial na que se conmemora.

Este elemento, xunto a outros, serven para identificar a unha comunidade, e que no caso que nos ocupa non só serve de elemento de cohesión, senón tamén de proiección de cara a outras comunidades.

De tódolos xeitos, é mester dicir que hai persoas indiferentes de cara á identidade da súa comunidade e adoitan vivir de costas a ela.

E iso, foi o que pasou coa feira de Pacios, no sentido de que algunhas persoas opuxéronse á recuperación do evento. Sen embargo, logo, dunha maneira paradóxica, participaron nalgunha das súas actividades, como por exemplo, comendo o polvo, quizais por aquilo de que o ventre cheo obnubila a mente.

E ¡como non! tamén convén facer referencia a rabia dalgúns que dende distancias máis ou menos lonxanas contemplaban coa súa imaxinación e dende as súas fiestras proiectadas de cara a unha irracionalidade acuática como a este evento afluían un gran número de persoas a presenciar e participar dunha serie de actos, que ían dende a exhibición de cetrería, doma de cabalos, mostra de artesanía tradicional... ata facer un pequeño alto no camiño, e xantar o polvo baixo unha carpa preparada pola devandita asociación. E, logo, ¿por qué non? seguir disfrutando pola tarde e ó serán doutras actividades como “xogos populares”, “cantares de cego”...

Finalmente, e vendo unha nova luminaria no horizonte begontino, quero mandar unha louvanza a todos os que fixeron e fan posible que este evento non sexa algo temporal senón permanente.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES