Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (I)

miércoles, 10 de octubre de 2007
A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (I) A Feira de Pacios, Begonte (Lugo) (I)
Artigo publicado no Tríptico sobre a “Recuperación da Feira de Pacios, Begonte (Xullo, 2006).

VIVENCIAS DA MIÑA INFANCIA

O tempo pasa mais os recordos sempre fican na interioridade do ser humano. E as vivencias de cando un era neno e, logo, rapaz, son moi difíciles de esquecer, xa que no fondo seguimos tendo algo de nenos, e iso é o que nos salva.

Os meus pais, nados nesta parroquia tranquila, acolledora e con boas iniciativas de cara ao devenir, influíron, dun xeito decisivo, na miña ligazón con esta entidade social. Así, dende neno, viña a miúdo a pasar longas tempadas a Casa da Lamela en Carballido. Alí, tiven aínda a sorte de coñecer a miña aboa materna, e manter relacións agarimosas cos meus tíos e madriña e, logo, cos meus curmáns.

Teño recordos moi ledos do verao, cando ía a sega da herba e axudaba a pisala na palleira. Logo, viña o tempo da sega dos cereais, a colocación dos medeiros nas terras de labor e das medas na aira, prestas para a malla. Os xantares e merendas que se realizaban nos cómbaros ou nas airas o remataren estas tarefas do estío eran moi especiais xa que contribuían a reforzar os lazos de vecindad.

Nos meus recordos, tamén conservo o modo de facer o pan, a esfolla de maiz, os candís de carburo e palmatorias para alumear as diferentes estancias da casa, a matanza dos cochos, o carreto, o clareo da roupa no regato do Carme, a pesca nos caneiros de Carballido e do Cordal, e, como non, a cantidade de romeiros de a Coruña e Lugo, que viñan ofrecidos, o día da Ascensión, á capela do San Adriano e San Xiao.

A partir dos catorce anos, as miñas vacacións comecei a pasalas na antiga “Casa da Taberna Nova”, onde hoxe vive a miña afillada coa súa familia. Daquela época recordo con ledicia os contactos que mantiña cos meus tíos e curmáns de Baamonde: os Blanco e os Lamela.

Pois ben, meus amigos, estes breves recordos e moitos máis foron a esencia inicial da miña identidade como persoa, que aínda segue facéndose, e ó mesmo tempo o fundamento que contribue a consolidar outras un pouco esquecidas.

NOTA:
Estas fotos son de 2006, ano da Recuperación da Feira de Pacios, Begonte (Lugo).

Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES