Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nube de estrelas

Eijo Balseiro, Ramón - viernes, 05 de enero de 2018
Por decembro cando se achega o nadal xa moi pretiño a lúa de xaneiro, a máis crara do ano, unha gran nube de estrelas cubren o ceo de Begonte. Os astrónomos e científicos non dan explicación a tal fenómeno, somentes os mais vellos do lugar din que son as estrelas das persoas que xa non están con nós e que de unha maneira ou outra tiveron unha vinculacion co Belén de Begonte.

Na noiteboa deste ano era tanta a craridade que desprendían que todos os parroquianos decidiron cear todos xuntos no centro cultural ó carón do Belén, uns traian tortilla, outros carne asada, empanadas, ollomol con patacas, doces caseros feitos con ovos da casa... Mesmo parecía a festa do patrón, desas que se facian antigamente no cuarto máis grande da casa coa xuntanza de toda a familia. Despois da cea uns gaiteiros amenizaron a velada ata altas horas da madrugada.

Cando rematou a festa unha estrela quixo despedilos cuns destellos intermitentes, unha nube cambiaba de sitio mentres outra deslizábase por entre as estrelas como querendo asustalas. Mesmo a lúa que se atopaba cerca parecia cómplice de toda aquela historia. –Isto parece obra de Xosé Manuel Carballo- dician . Aquel crego que un día nunha homilía perdera o fio do que estaba a dicir, e o seu sacristán, un home entrado en anos non dubidou en poñerse na porta o remate da misa dicíndolles os frigueses- daqui non sae naide mentras non lle apareza o carrete do fio o sr. Cura!. Con él podia suceder calquera cousa, pois era mago, ilusionista, narrador, dramaturgo, cura querido de parroquias. Uns dos grandes “ cantores do Belén” que xa ten unha estrela enriba do ceo de Begonte.

A miudo que pasan os anos esa nube vaise enchendo de estrelas cada unha coa sua propia historia , recordos e sentimentos, como Dani o neno enfermo que grazas a sua enfermeira puido ver por última vez o Belén xunto cos seus compañeiros, ou a historia de Sarita de Paleo que sabedora que ia enfermar de alzheimer quixo traer os seus netos por última vez antes de que entrara para sempre na fase do esquecemento... Estas historias van fraguando ano tras ano a parte inmaterial do Belén. Un Belén que cada ano que pasa é máis querido pois está coa xente nas alegrias e tamén nas desgrazas como quixo estar este ano cos paisanos que sufriron as grandes lumeiradas do verán pasado. Sabedor é que coas nosas mans e a nosa teimudez somos capaces de sacar a nosa terra adiante.
Eijo Balseiro, Ramón
Eijo Balseiro, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES