Día contra a violencia machista
Calvo Sánchez, Josefina - miércoles, 29 de noviembre de 2017
Boas tardes a todos.
Dende a fundación desta gran familia que é a UNED Senior da Coruña, agora espallada por todo o medio rural, vimos reivindicando este día con todo o noso pesar. Esta lacra machista que penso que cada ano está a aumentar. É inxusto e incríble que os nosos gobernantes non sexan quen de parala cun castigo exemplar, demostrando a todos que a vida só Deus no la debe quitar.
Que máis ten que pasar pra que se tomen medidas pra parar esta sin razón que a tanta xente lle rompe o corazón? Moi preto daquí, arriba de Bandoxa, na aldea de Rodeiro, un pai matou ó seu fillo só por vingarse da sua ex. Eu coñezo ós seus pais, son xente encantadora e pregúntanse: Cómo o noso fillo puido facer iso? Matar o seu propio fillo, o noso neto.
E que fan os pais nun caso deses? Quedan destrozados pra toda unha vida. A tristura de non voltar a ver o seu neto, ó que estaban esperando cheos de ledicia cando ía a visitalos. Ó que voltarán a ver é ó seu fillo, pero qué van sentir cando o miren? Rabia, impotencia, indignación... Pero é o seu fillo, ó que trouxeron ó mundo e criaron con cariño e con todo o seu amor e agora vense nesta triste situación.
E a nai dese meniño, con traballo bó e fixo, traballando cara ó publico, e que aínda hoxe é o día que non pode exercer? Despois de todo iso a vida xa se acabou coa morte do seu fillo. Os avós, unha nai e o resto da familia, destrozados pra toda unha vida. Qué lle pasa á Humanidade? Cada pouco atentados en calquera parte do Mundo. Non se respeta a ninguén, nin á xente nin ás leis, cada un vai ó seu aire, coma agora os cataláns que queren sair de España.
É importante na vida e algo fundamental estudiar unha carreira, ir á universidade, pero iso non abonda, se non hai humanidade. Non hay carreira máis valiosa por máis custosa que sexa, nin que axude tanto á xente que ter un bó corazón, ser unha boa persoa, axudar a todo aquel que precise a nosa axuda sen pedirlle nada a cambio nin mirar a sua raza nin tampouco a sua cor, porque dentro do seu peito tamén ten un corazón, e se é boa persoa non fai falla outra razón.
En tódolos atentados, que por desgracia tamén están a aumentar, hai xente que non pensa na sua vida, só pensa en axudar. Sacan terra e cascallos coas suas propias mans e síntense orgullosos se poden salvar a alguén. Esa é a carreira máis importante da vida de toda persoa que teña un bó corazón.
Hai desastres naturais que a maior parte deles son causados pola man do Home que tanto quere saber e coa Natureza non se pode competir, porque é máis sabia que a man de ningún home, por moitas carreiras que teña, por iso se revela contra a Humanidade, demostrando que ninguén pode máis ca ela.
Por iso algunha carreira debería estar prohibida. Que estudien pra mellorar o Mundo mais non pra o empeorare. Estudiar pra ir á Lúa... qué se lles perde alí? Están a corromper a atmosfera e así aumentan os terremotos, os volcáns e riadas e así morre tanta xente e outra queda desgraciada. Sin casas nin comida, vendo como os seus fillos morren de fame.
E o máis triste de todo, os que desaparecen, que nin as suas familias os poden soterrar nin saber onde foron parar. Este mundo está corrupto, só conta o poder, os cartos o egoismo e a maldade. Se o veciño ten un bo coche o meu a ser mellor aínda que na casa o pase peor, porque hai que aparentar.
Por iso todos nós, os do Concello de Paderne e tódolos que se queiran unir a nós, loitaremos xuntos pola igualdade, o compañeirismo, a amizade e comprometémonos a educar os nosos fillos e netos na igualade, no respecto e no cariño pra que eles algún día vexan un Mundo máis unido.
Debemos aprender do noso coordinador Don Luís, que se enfronta a quen sexa. Dí a misa na estrada e axuda moito ó rural, que se non fora a UNED a meirande parte de nós non nos coñeceríamos nin formaríamos esta gran familia que vai aumentando por todo o medio rural e cada curso que comeza recoñecemos que é estupenda e fenomenal.
Por iso todos unidos seguiremos loitando pola igualdade, a tolerancia e a boa amizade e porque esta gran familia que somos os da UNED siga aumentado. Con saúde e moita alegría agradecer a tódalas persoas que están colaborando pra que esta fermosa labor que creou Don Luís, xa hai algúns anos, siga aumentando.

Calvo Sánchez, Josefina