ALGUNHAS TIPOLOXÍAS DOS CRUCEIROS DO CONCELLO DE BEGONTE.
Autores: Fernando Arribas Arias. José Manuel Blanco Prado.
En canto a ornamentación deste elemento artístico podemos facer alusión aos seguintes trazos:
1. O cruceiro esquerdo do Calvario de Baamonde está ornado no seu anverso por un cáliz.
2. O cruceiro do Quinto (Donalbai) amosa un querubín na cabeceira da cruz.
No reverso da cruz, aparece igualmente a efixie da Virxe en seis cruceiros (31).
Amosa os seguintes trazos:
1. Mostrase como Piedade no cruceiro de Denune (Felmil).
2. Mostrase como Dolorosa no Calvario de Baamonde (cruceiro central) e no cruceiro da igrexa de Trobo.
3. A Virxe presentase co Neno en tres cruceiros (32).
4. Amósase coas mans cruzadas sobre o abdome en catro cruceiros (33).
5. Leva manto e túnica en cinco cruceiros (34).
Con respecto a outras tipoloxías destas manifestacións artísticas podemos considerar polo seu intérese as seguintes:
En relación á policromía encontramos o cruceiro da igrexa de Trobo.
Con respecto ás procesións houboas e segue habendoas nas seguintes capelas e igrexas con motivo da súa festividade:
1. En Baamonde, celébrase o día 11 de setembro a festividade da Virxe do Rosario. Pois ben, nese día, ao rematar a misa solemne a procesión adoitaba dar unha volta ó redor do Calvario, cando estaba situado no seu antigo emprazamento.
2. Na capela de Guimarás (Cerdeiras), conmemórase, os días 8 e 9 de setembro, a festividade da Natividade. Noutrora, ao rematar os oficios relixiosos no interior da capela, saía a procesión que soía dar unha volta ó redor do cruceiro.
3. Na capela do S. Andres (Barrazoso Vello), festexáse a festividade do Santo no mes de setembro. Ao finalizar a misa solemne adota saír a procesión que da unha volta ó redor do cruceiro.
En canto aos materiais empregados case todos os cruceiros están construidos de granito, agás os elementos das seguintes manifestacións artísticas:
1. Cruceiro de Bocacarreira (Bóveda). Plataforma de dous chanzos: o inferior de cemento.
2. Cruceiro do Muiño Novo (Gaibor). Plataforma dun chanzo de cemento.
Tamén, hai restos deste material na unión dalgúns elementos artísticos que no
transcurso dos anos foron sufrindo un proceso maior ou menor de restauración.
Por outra banda, co transcurso dos anos, houbo cruceiros que cambiaron de situación:
1. Calvario de Baamonde. Antano este calvario atopábase ao carón do adro da igrexa. Ó restaurar a igrexa e acondicionar o adro, o calvario foi trasladado a súa actual situación.
2. Cruceiro de Baldomar. Debido á reconstrucción do adro da igrexa, cambiouse de situación.hai uns 25 anos aproximadamente.
3. Cruceiro de Bocacarreira (Bóveda). Ata o ano 1955, este cruceiro estaba situado no adro da igrexa de Bóveda. Nese ano, logo de celebrarse unha misión en Bocacarreira , foi cambiado ao lugar actual.
4. Cruceiro de Muiño Novo (Gaibor). Ata comezos da última década do século pasado, o cruceiro estaba situado no interior dunha finca da Casa de Muiño Novo , situada a uns cincocentos metros e pertencente, dende o punto de vista do patrimonio artístico, ao concello vilalbés.
5. Cruceiro de S Martín de Arriba (Trobo). Dícese que este cruceiro estivo noutrora ao carón da igrexa (adro?).
En relación á semellanza duns cruceiros con outros podemos aportar os seguintes datos:
1. Calvario de Baamonde.
1.1. As bases e os fustes dos tres cruceiros son moi similares, variando no
tamaño.
1.2. Os capiteis e cruces dos cruceiros laterais son moi semellantes.
2. O cruceiro da igrexa de Gaibor garda relación có de Saavedra.
3. Os motivos da paixón da base de Trobo son semellantes aos de Reximil (Xustás) (Cospeito).
Con respecto aos cruceiros, provistos de data, adoitan tela na base e no fuste.
1. DATA NA BASE.
1.1. CRUCEIRO DO QUINTO (DONALBAI): ANO DE 1935?.
1.2. CRUCEIRO DE DENUNE (FELMIL): ANO DE 1891.
1.3. CRUCEIRO DA IGREXA (GAIBOR): ANO DE 1896.
1.4. CRUCEIRO DO MUIÑO NOVO (GAIBOR): ANO DE 1893.
1.5. CRUCEIRO DE SAAVEDRA: ANO DE 1898.
1.6. CRUCEIRO DA IGREXA (TROBO): ANO DE 1899.
2. DATA NO FUSTE.
2.1 CRUCEIRO DA IGREXA (TROBO): ANO DE 1899.
En tanto as persoas que construíron e mandaron realizar os cruceiros facemos mención das seguintes:
1. CRUCEIRO DO QUINTO (DONALBAI): JUAN DORADO.
2. CRUCEIRO DE DENUNE (FELMIL): ANTONIO DÍAZ DE FELMIL Y SUS HIJOS.
3. CRUCEIRO DA IGREXA (GAIBOR): JACINTO GARCÍA E RAMÓN GARCÍA, membros da Casa de Muiño Novo.
4. CRUCEIRO DO MUIÑO NOVO (GAIBOR): RAMÓN GARCÍA.
5. CRUCEIRO DA IGREXA (TROBO): BENITO RIFÓN CORRAL.
En relación aos cruceiros que amosan unha inscrición facemos alusión aos seguintes:
Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Muiño Novo (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
Finalmente compre dicir que tódolos cruceiros amosan bibliografía, agás os de Caraxeita (Felmil) e o de Muiño Novo. As obras nas que aparecen citadas estas manifestacións artísticas son as seguintes:
1.- O Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Soamente se citan os cruceiros.
2.- Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Begonte. Únicamente
se citan os cruceiros.
3.- BEGOÑA, Bas. As construccións populares: Un tema de etnografía en Gali-
cia, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1984, páxs. 200-201.
4.- VERDEJO, J.M. Os Cruceiros. A Coruña: Boreal. T.I. páxs. 271.
5.- BLANCO PRADO, J.M. e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, M. Cruces y Cruceros
deL Municipio de Begonte. Lugo: Servicio Publicaciones de la Diputacióin
Provincial de Lugo, 1988.
6.- ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo
de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Sada
(A Coruña), 2000, páxs. 1-74.
NOTAS:
31. Calvario de Baamonde (Cruceiro central). Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
32. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Denune (Felmil).
33. Calvario de Baamonde (cruceiro central). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
34. Calvario de Baamonde (Cruceiro central). Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra
III.- BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1998.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1999.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 87, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Castro de Rei, en El Legado Cultural de la Iglesia mindoniense. I Congreso do Patrimonio da Diócese de Mondoñedo, 2000, páxs. 497-506.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz, en Os Canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga (Guitiriz), 2000, páxs. 31-41.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 92 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2002.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín. Cadernos do Seminario de Sargadelos , Sada (A Coruña): Ed. do Castro. No prelo..
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Cospeito, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 1, 2002, páxs. 99-117.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel.. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 94 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2004.
ARRIBAS ARIAS, Fernando , BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario. Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de A Pastoriza, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 2, 2004, páxs. 123-146.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (I), en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (II), en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987, páx. 7.
BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A e CASTRO RODRÍGUEZ, A. Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega, El Progreso, diario de Lugo, 22-8-87, páx. 7.
BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1988.
BLANCO PRADO, José Manuel. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte. Lugo:Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1990.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1996.
CENDÁN FRAGA, A. Os cruceiros de Vilalba, en El Progreso, 31-8-1988, p.33.
CENDÁN FRAGA, A. Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido, en EL Progreso, 29-12-1989, páx. 9.
COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
FLORES RIVAS, Luis Hixinio. A cultura material representada nas construccións populares: un elemento a conservar na Terra Chá, en Boletín Terra Chá, nº 1, Orgao das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 1997, páxs. 28-30.
GIL AGRAS, H. Os cruceiros de Bretoña, en El Progreso, 17-8-1991, p. 37.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e outros. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Ts. I-VI, 1975-1983.
LAREDO VERDEJO, J.M. Os Nosos Cruceiros. A Coruña: Ed.Boreal-Xuntanza, 1993.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba (I) e (II) en El Progreso, diario de Lugo, 30-4 e 1-5 do 1998, páx. 16.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. As cruces de pedra no olvido, en Pena do Encanto, Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos, nº1, 2001, páx.20-37.
RODRÍGUEZ CASTELAO, A. As cruces de pedra na Galiza. Madrid:Akal, 1975. Ed. facsímil da que se levou a cabo en B. Aires en l049.
TRAPERO PARDO, J. Os cruceiros, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación Provincial de Lugo, nº 27, 1974, páxs. 25-40.
VIVEIRO, Orlando. O Latín dos canteiros, en Terra Chá, Órgao das Brigadas en Defenda do Patrimonio Chairego, nº 2, 1997, páxs. 4-5.