Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crucificado de Saúde

miércoles, 01 de junio de 2016
Pingas de Orballo:
Crucificado de Saúde

Levo catro días nos que me vexo crucificado. Crucificado de saúde. Crucificado de SaúdeO primeiro día empecei cunha dor de cabeza tal que pensei que me rebentarían os miolos. Non rebentaron, claro; que para iso estou aquí escribindo. O segundo día, e como se adoita dicir, tomóuseme a voz. Cada vez que oio o de tomarse a voz penso sempre no leite tomado. Recordos da infancia, claro. A verdade é que con esa voz ata os rapaces se molestaban porque falaba. Hai que amolarse (por non usar outra expresión), e se tiña que falar? Ou se a min me gusta falar? Serán mocosos! O terceiro día si que notei algo de melloría. Menos mal. A cabeza seguía así coma cun pequeno zunzún, pero sen querer rebentar. E a voz... a voz xa non era aquela voz de pito, era un chisquiño máis alta. Mais pola noite empezou a atacar a crucifixión na gorxa. Na gorxa por culpa da tose, claro. Porque cada vez que tusía, ai cada vez que tusía, subía o inferno pola gorxa arriba. Era case como ver as labaradas saíndo pola boca. A maldita tose non deixou que durmise moito, pero... un é sacrificado e erguese ás sete para ir traballar. Polo que chegou o cuarto día. Que empezou ben, pero a medida que atendía xente, é dicir, que falaba unha e outra vez, volveu a voz a tomarse (outra vez a imaxe do leite na cabeza). E foi aí onde xa se xuntou todo: tose, dor na gorxa, na cabeza e case sen voz. O quinto día aínda non chegou; pero adianto: toca sulfatar. Tócate o carallo, Chito!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES