Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manoel Carrete, do Centro Galego de Barcelona

Xiz, Xulio - viernes, 07 de noviembre de 2014
Manoel Carrete, do Centro Galego de Barcelona Esta fin de semana celébranse na provincia de Lugo dous actos vinculados entre si pola persoa do seu protagonista: Manoel Carrete, Presidente do Centro Galego de Barcelona.

En primeiro lugar, o venres, na Galería Sargadelos, ás oito da tarde, o Presidente do Centro Galego de Barcelona vaille entregar á familia do escritor Manuel Rodríguez López o título de Socio de Honra da entidade a título póstumo, cando está a punto de cumprirse un cuarto de século do seu pasamento.

E na tarde do sábado, en Quiroga, O Concello vai entregar a Medalla de Ouro de Quiroga a Manoel Carrete, de familia procedente daquel concello, polos relevantes méritos demostrados na defensa dos valores galegos e quirogueses.

O punto de unión dos dous acontecementos, é o centro galego de Barcelona, e o seu presidente, un rapaz que responde ao nome de Manoel Carrete, un mozo entusiasta que aínda que naceu en Barcelona -de pais galegos- derrocha galeguismo e goberna aquela veterana e entrañable entidade coa ledicia e o entusiasmo dos galegos máis rexos que saben que a emigración galega en Catalunya é un mundo vivo e fervoroso, con importante actividade galega na diáspora, que tivo con Galicia un vencello entrañable e firme a través de Manuel Rodríguez López, cronista do Centro Galego e dos Galegos en Catalunya, aos que dedicou boa parte da súa obra, galega do exterior e por iso máis meritoria e digna de aprecio.

Fanse, pois, en terras lucenses, dous actos de xustiza: Un deles, do Centro Galego con Manolo Rodríguez, por tantos servizos e tanta dedicación. E o outro, do Concello de Quiroga ao Presidente do Centro Galego, responsable de facer xustiza co escritor.

Nun tempo no que o asociacionismo está na corda floxa polas repercusións desta longa e infamante crise, que unha sociedade galega no exterior acuda a Lugo para facer patente unha homenaxe, e que o Presidente desa sociedade sexa honrado na terra dos seus pais, contitúe unha doble noticia magnífica que reconforta e acredita que neste país aínda é posible a convivencia porque hai momentos, lugares e persoas para as que as palabras Cultura e Irmandade se escriben con maiúscula.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES