EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE O NOSO POETA MANUEL RODRIGUEZ LOPEZ POETA EMIGRANTE, POETA OBREIRO NA EMIGRACION GALEGA EN CATALUNYA SABADO 11 DE OCTUBRE 19 h. CENTRO GALEGO DE BARCELONA ACTO ABERTO
O pasado agosto, celebrouse en Vilalba, a Exposición Itinerante sobre vida e obra do poeta obreiro MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, do que me honro de haber sido un dos seus numerosos amigos na emigración en Barcelona.
A exposición promovida por o concello e diputación de Lugo, a Xunta e a editorial de información galega GALICIA DIXITAL, ten por obxeto promover o coñecemento da sua obra e revindicar o nomeamento de persoeiro merecedor das LETRAS GALEGAS.
Esta exposición , celebrouse nas principales capitales e vilas de Galicia, como son Santiago, A Cruña , Vilalba, Sarria etc. e nestes intres vaise a celebrar o próximo sábado día 11-10-14 as 7 da tarde, no Centro Galego de Barcelona, o que acudirán un dos seus promotores , Xulio Xiz, amigo personal e persoeiro de renome la cualtura galega , o Alcalde de Paradela Sr. Manoel Mato, o cura Jesús Mato, fundador de Fuxan os Ventos e amigo personal do poeta, a sua viuda Irene López,. os seus fillos Santi e Enrique, e o Secretario Xeral de Política Linguística.
Por tratarse dun persoeiro que foi directivo do Centro Galego de Barcelona, espérase moita asistencia dos seus numerosos amigos na entidade, así como destacados como o catedrático Basilio Losada, a galeguista Yolanda Díaz , presidentes de todas as entidades e todo o público que un día tiveron a sorte de coñecer a tan relavante poeta.
Sería xusto que a colonia galega en Catalunya, aproveisase este evento para facerlle o homenaxe que se merece por os feitos en pro da nosa terra e por ser un de nos, OBREIRO EMIGRANTE.