Noticias

Corazón da Artesanía, gran escaparate divulgativo de los oficios tradicionales en los Pendellos de Agolada

Elaboración de instrumentos musicales, origami, reciclaje, presentación de platos gastronómicos, de una pieza colectiva de patchwork, demostraciones en vivo de oficios, exposición y venta de productos artesanales y alimentarios de calidad, showcookings, formación especializada para artesanos, música y talleres públicos centran el IV Encuentro de la Artesanía Tradicional y Popular.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Corazón da Artesanía. IV Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra no concello pontevedrés de Agolada entre os días 3 e 5 de xullo, impulsado pola Consellería de Economía e Industria, contará entre o seu amplo programa de actividades cunha programación específica destinada ao público infantil. Así, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organízanse talleres para iniciar os máis pequenos en diferentes oficios artesanais que estarán centrados no traballo co papel, a elaboración de instrumentos musicais, a reciclaxe ou gastronomía.

Por unha banda, a artesá Palmira Castro, do obradoiro Mimadriña (Fisterra), impartirá o taller “Elaboración de guirnalda decorativa”, a partir de barquiñas e peixes de origami, cosidas cunha máquina Singer centenaria. O taller realizarase durante os tres días da feira en horario de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Ademais, o luthier Xaneco Tubío (Outeiro de Rei) encargarase da actividade “Elaboración de xoguetes sonoros”, que se realizará o venres, o sábado e o domingo de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Este obradoiro ten o obxectivo de ensinarlle ao público infantil do século XXI unha serie de xoguetes sonoros que os nenos galegos elaboraban ata mediados do século XX aproveitando os elementos que a natureza lles proporcionaba.

As tardes do venres, do sábado e do domingo, de 17:00 a 19:00 horas, a Praza do Concello estará dedicada ao taller “Substitúe o lixo por vida” impartido pola cooperativa O Canto da Balea (Carnota). A actividade consiste en clasificar o lixo presente nas nosas costas, mediante o xogo, e substituílo por unha especie mariña. O xogo complementarase co obradoiro Artelixo, no que os máis pequenos poderán transformar este lixo en obxectos decorativos.

O domingo de 17:30 a 19:30, os nenos e nenas de entre 6 e 12 que se acheguen ata o pendello O Paladar poderán participar na actividade “Artesanía no Prato”, na que aprenderán a elaborar pratos fríos e posteriormente presentalos con pezas de artesanía como soporte. Para esta actividade é necesaria a inscrición previa na páxina artesaniadegalicia.xunta.es.

A cuarta edición do Corazón da Artesanía, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, que se celebrará no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada, é un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas. No amplo programa de actividades, centrado na exposición e venda de produtos artesanais e alimentarios de calidade, inclúense tamén actuacións musicais, formación especializada para artesáns e outras actividades nas que poderá participar o público asistente como showcookings, coloquios con artesáns expertos ou obradoiros de artesanía abertos ao público.

Estes talleres gratuítos de iniciación ao oficios artesanais estarán abertos á participación de público tanto adulto como infantil e desenvolveranse ao longo dos tres días da feira en horario de mañá e de tarde. Os ceramistas Susana González Amado e Antón Román impartirán “Iniciación ao torno cerámico”, no Pendello Cerámica, a cesteira Lola Tourón encargarase do taller “Iniciación á cestería”, no Pendello Cestería, e as artesás téxtiles Aurelia Costas e María del Mar Fernández traballarán cos visitantes no Pendello Centón na elaboración dunha peza conxunta no marco do taller “Iniciación ao centón”.

A organización destas actividades de divulgación e posta en valor da artesanía forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.

R., 2015-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (rosalia-cartografia-asperas-cdg.jpg) O Centro Dramático Galego e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes presentan na Comunidade a súa coprodución 'Rosalía, cartografía de ásperas ortigas'. con tres funcións no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse entre mañá e o luns. Con dirección escénica e dramaturxia do compostelán Roberto Salgueiro, as dúas compañías contan igualmente coa implicación do tamén portugués Cine-Teatro Avenida de Castelo Branco para ofrecer unha proposta teatral actual que reflicte o pensamento e o legado da poeta padronesa. Así, a partir de textos e, sobre todo, versos da escritora tomados de Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar, construíuse unha obra propia que afonda na transcendencia da autora.
Foto de la tercera plana (violencia-xenero-stop.jpg) A principal novidade do programa O machismo é violencia é que conta con testemuñas reais de mulleres vítimas de violencia de xénero e que se complementa con persoal especializado para afondar na problemática das masculinidades tóxicas. Este proxecto desenvolvese en dúas fases. En primeiro lugar, proporcionáselles aos centros educativos unha guía didáctica, que serve como recurso preparatorio para que o profesorado poida abordar o tema de maneira autónoma na aula. A guía, deseñada cun enfoque pedagóxico e interactivo, inclúe actividades e contidos adaptados para facilitar a comprensión e implicación do alumnado.

Notas

A Biblioteca América da USC acolleu este venres o acto de constitución do Consello Galego de Intelixencia Artificial, do que a institución compostelá formará parte, co propósito de desenvolver unha IA adaptada ás necesidades específicas de Galicia. Concibido para asesorar e impulsar a intelixencia artificial en Galicia polo seu carácter de máximo órgano colexiado de participación pública, privada e do coñecemento, o Consello permitirá reforzar o obxectivo de desenvolver e aplicar a IA con eficacia e seguridade para as persoas.
Cando en 2015 se poñía en marcha a primeira edición da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, os seus organizadores non agardaban que esta cita se convertese nun dos sinais de identidade do seu centro. Hoxe, dez anos despois, a escola volveuse a encher cun rebulir robótico que congregou a 566 estudantes de institutos de toda Galicia, repartidos en 120 equipos.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES