La plataforma en Internet Galiciadigital.com solicita que se dedique el Día das Letras de 2014 al poeta Manuel Rodríguez López
La plataforma en Internet Galicia Digital (www.galiciadigital.com) solicitó la dedicación del próximo Día das Letras Galegas 2014 al escritor de Paradela (Lugo) Manuel Rodríguez López, cuando se cumplirá el 80º aniversario del nacimiento del que está considerado el mejor poeta obrero de la Galicia del Siglo XX.

Nota informativa elaborada por Galicia Digital:
A plataforma en Internet GaliciaDigital ten solicitada a dedicación do Día das Letras Galegas 2014 para o escritor de Paradela Manuel Rodríguez López. Fíxolle chegar esta petición ao Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e a través da Secretaría desta Institución a todos os académicos. O Presidente da R.A.G. confirmou que presentará esta solicitude á Academia no momento oportuno, xunto con todas as demais recibidas ao efecto.
En 2014 cúmprense oitenta anos do nacemento do escritor en Paradela e en 2015 os vintecinco do seu pasamento. Por iso se efectúa agora esta petición, tendo en conta a intención da R.A.G. de ser máis rigorosa na elección do persoeiro a quen se lle dedica a maior celebración relacionada coas nosas letras, tendo en conta a vida e obra deste poeta obreiro, considerado un dos mellores deste xénero da Galicia do século XX.
GaliciaDigital ten emprendida unha campaña de difusión da vida e obra de Manuel Rodríguez López (emigrante galego, "Galego en Catalunya"), en colaboración coa familia do escritor, o Concello de Paradela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo, que se iniciou en 2012 coa creación da web www.manuelrodriguezlopez.org, nos idiomas castelán, galego, inglés e catalán, e que terá continuación neste ano cunha exposición itinerante sobre este autor.
Máis información: www.manuelrodriguezlopez.org
R., 2012-06-11
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os días 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ágora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.