Noticias

El director de la Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, pide que se saque el gallego del "gueto de la enseñanza"

El director de la Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, pide que se aparte la lengua gallega de la batalla política y que se saque del "gueto de la enseñanza": "si el mundo del comercio, del ocio, de la publicidad o los medios de comunicación están en otro registro, se están equivocando", señaló ante el conselleiro de Educación.

Ante el conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, Freixanes ha celebrado el impulso de O libro dos reis magos y se ha declarado "impresionado" por los textos de las autoras que participan en esta iniciativa.

Freixanes ha hecho un llamamiento a la Xunta y al conselleiro para "sacar la lengua gallega del gueto de la enseñanza" y del ámbito institucional del Parlamento, al tiempo que ha pedido que se le aparte del "espectáculo" político. "La lengua no puede estar sometida al espectáculo permanente, ni a los prejuicios de dos o tres señores", ha advertido.

NoticiaEl director de Galaxia se ha hecho eco de su propia carta a los Reyes Magos pidiendo "apartar el espectáculo de la lucha política" y "ser capaces de poner a todos de acuerdo en cuanto a lengua gallega". "Menos espectáculo en el Parlamento y más trabajo en los despachos", según ha pedido.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a publicación O libro dos Reis Magos, realizado a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e editado por Galaxia. No acto de presentación desenvolvido na Cidade da Cultura, o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia; polo director xeral da editorial Galaxia, Víctor Freixanes; pola ilustradora María Seoane e polas escritoras Rosario Golmar, Rosalía Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Eva Lozano, Inma López Silva e Yolanda Castaño.

Ademais das escritoras que asistiron ao acto de presentación, tamén participan nesta publicación Rosa Aneiros, Helena Villar Janeiro, Fina Casalderrey ou Anxos Sumai, así ata chegar ás 26 autoras galegas que asinan este libro composto por outros tantos discursos aos Reis Magos, cada un deles acompañado por unha ilustración asinada por Marina Seoane. O obxectivo do libro é que ao longo das cabalgatas que se celebrarán o vindeiro 5 de xaneiro, as Súas Maxestades poidan ler estas cartas escritas en galego.

Durante a súa intervención, Xesús Vázquez Abad sinalou que “aproveitando estas datas tan significativas e entrañables, a Consellería impulsa esta nova iniciativa de promoción do galego para que os representantes das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, podan ler aos máis cativos as súas peticións e bos desexos para o noso idioma durante as cabalgatas que encherán de ledicia e ilusión as rúas das vilas de Galicia”.

Do mesmo xeito, o conselleiro de Cultura e Educación recordou que “esta iniciativa encádrase dentro das accións de Nadal en Rede desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da Rede de Dinamización Lingüística e dirixidas aos máis cativos co obxectivo de favorecer o uso do galego”. Cómpre destacar que este libro xa chegou a todos os concellos que integran a RDL e está dispoñible a través do enlace web http://www.xunta.es/linguagalega/libro_reis_magos

Ademais da publicación O libro dos Reis Magos, o programa Nadal en
Rede tamén desenvolve outras actividades como os obradoiros Cantámosche os Reis que hoxe estarán en Moaña, mañá en Palas de Reis e o día 4 farán unha dobre sesión e estarán en Campo Lameiro e Ames. Toda a programación e información relativa a esta actividade pode consultarse no web http://www.xunta.es/linguagalega/contamosche_reis.

Doutra banda, é importante recordar que a primeira iniciativa posta en marcha dentro do programa Nadal en Rede foi Lingua de Reis, unha iniciativa que levou de visita aos Reis Magos de Oriente polos colexios de nove concellos galegos pertencentes á RDL. Durante os encontros, as súas Maxestades animaron o alumnado de infantil e de primeiro ciclo de primaria a que lles escribiran as cartas deste Nadal en galego.

Co fin de facilitarlles aos nenos e ás nenas esta encomenda dos Reis Magos de enviarlles a misiva deste ano en galego, a RDL creou un modelo de carta que Política Lingüística enviou a case un cento de concellos que non dispoñían desta iniciativa. Distribuíronse 5.000 exemplares e o modelo tamén se pode descargar dende o web www.xunta.es/linguagalega/arquivos/carta_reis_magos.pdf.

Por último, a RDL deseñou o catálogo dixital Este Nadal... agasalla en galego!, que inclúe un bo feixe de ideas para agasallar nestas datas, como discos, libros, xoguetes, roupa, tecnoloxía ou produtos alimenticios, todos eles co denominador común de usaren o galego nos seus contidos e/ou etiquetaxe.

A RDL é un proxecto impulsado polo Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no que a día de hoxe participan case 130 entidades de Galicia, co obxectivo prioritario de establecer e consolidar vías estables de colaboración, cooperación e coordinación entre as administracións local e autonómica dando así un paso máis na promoción planificada do noso idioma. Ampliar os usos da lingua galega, incrementar o seu prestixio e favorecer a súa visibilidade nos distintos ámbitos sociais son os seus principais propósitos.

R., 2013-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-ia.jpg) O Instituto IES Maximino Romero de Lema, na localidade coruñesa de Zas, presentou a súa aposta pola innovación educativa por parte dos dous docentes deste centro que son autores do primeiro manual escolar de intelixencia Artificial en Galicia. Editado por Medulia, o manual Intelixencia artificial para a sociedade propón un achegamento a estas novas tecnoloxías desde unha visión clara e pedagóxica. Inclúe tanto a perspectiva teórica, cun repaso sobre a evolución da disciplina, como múltiple supostos prácticos con información arredor das principais ferramentas neste eido e as súas posibilidades de aplicación. O libro reflexiona, así mesmo, sobre os desafíos éticos, sociais e legais da intelixencia artificial.
Foto de la tercera plana (galina-azul-0-3-anos.jpg) Galicia é, por segundo ano consecutivo, a comunidade con maior taxa de matriculación entre 0 e 3 anos, cun 60,5%, segundo os datos de escolaridade do curso 2023/24 do Ministerio de Educación. A taxa do 60,5 % sitúa Galicia trece puntos por riba da media nacional e tamén supón trece puntos máis que antes da implantación da gratuidade, que se comezou a desenvolver no curso 2019/20. Así mesmo, Galicia cumpre co obxectivo da Unión Europea de acadar o 45 % de escolarización no 2030. Polo tanto, seis anos antes de chegar a esa data, a comunidade galega xa supera en máis de 15 puntos este obxectivo.

Notas

O Centro de Investigación en Tecnoloxías Industriais da Universidade de Vigo, Cintecx, deu a coñecer este mércores as tres propostas gañadoras de Cintecx Challenge’25, unha convocatoria anual de axudas dirixida a financiar o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os diferentes grupos adscritos ao centro, pensando sobre todo, en impulsar as propostas das investigadoras e investigadores máis novos. Por diante teñen un ano para levar a cabo estes proxectos para o que contarán cunha axuda de 7500 euros para cada un deles.
Tadahiko Horiguchi (Osaka, 1943), tamén coñecido polo seu pseudónimo de pintor 'Tokoitta', é un dos primeiros e máis destacados creadores do anime xaponés e discípulo do 'deus do manga', Osamu Tezuka, ademais de ser un dos poucos que seguiu creando obras sen cesar ata os nosos días. Parte da obra deste creador exporase ata o 28 de febreiro no Claustro Alto do Colexio de Fonseca grazas á colaboración entre a USC e a Fundación Araguaney.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES