Noticias

Se presenta en el Metropolitan de Nueva York la maqueta virtual de la Catedral románica

La presentación de la Catedral románica de Santiago de Compostela, del año 1211, se presenta en el Metropolitan de Nueva York en el marco de las actividades dedicadas a temas monográficos bajo el título: Sunday at MET. Se conmemoran el significado del Xacobeo 2010 y el VIII Centenario de la Consagración de la Catedral Románica que se celebra en 2011.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director xerente do S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, asiste no Metropolitan Museum of Art of New York (MET) ao acto de presentación dun proxecto didáctico e divulgativo que inclúe unha maqueta virtual da Catedral Románica de Santiago e a súa contorna no ano 1211. Na súa intervención, Ignacio Santos abordará aspectos como o significado de Xacobeo 2010 ou a conmemoración do VIII Centenario da Consagración da Catedral Románica de Santiago de Compostela que se celebrará o vindeiro ano.

Nesta sesión, que se celebrará no auditorio principal do MET (The Grace Rainey Rogers Auditorium), tamén intervirán os responsables deste traballo realizado polo Experimental Technologies Center da University of California (UCLA), en Los Ángeles. A dirección do proxecto corre a cargo do director desta institución académica, John Dagenais; co asesoramento científico de John Williams, historiador de arte (Universidade de Pittsburg); Fernando López Alsina, historiador da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e José Suárez Otero, arqueólogo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Trátase da reconstrución virtual da Catedral de Santiago e a súa contorna urbana tal e como estaba no momento da consagración da igrexa románica, algo que aconteceu en 1211. Inclúe, asemade, unha reconstrución virtual, en proceso, das igrexas prerrománicas que conformaron o Santuario de Santiago antes da construción da catedral románica. Esta reconstrución, que se pode contemplar na páxina web http://www.etc.ucla.edu/research/projects/compostela.htm foi xa presentada con moi boa acollida en diversos encontros e congresos en cidades como Michigan, Chicago, Toronto ou Los Ángeles.

A presentación de mañá enmárcase dentro dunha serie de actividades do Museo que, co título Sunday at MET dedica algúns dos domingos do ano a tratar un tema de xeito monográfico, mediante conferencias, concertos e outras actividades. Nesta ocasión acollerá o proxecto Celebrating the Cathedral of Santiago de Compostela.

Este acto estará acompañado por un concerto de música medieval, relacionada coa basílica de Compostela e a peregrinación xacobea na Idade Media, incidindo na época de esplendor do fenómeno xacobeo, momento que corresponde coa Catedral representada nesta reconstrución virtual. Este concerto celebrarase hoxe sábado na Fuentidueña Chapel, ubicada na parte do museo coñecida como The Cloisters e dedicada á arte medieval.

Ciclo de conferencias no Camiño da Reflexión

A presentación deste proxecto de carácter didáctico e divulgativo será o broche de ouro ao ciclo de conferencias que se ven celebrando desde o 1 de outubro no Metropolitan Museum of Art of New York (MET). Estas conferencias, que foron inauguradas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, trataron sobre o Camiño de Santiago, a Catedral compostelá e Galicia como destino turístico, e están incluídas dentro da programación exterior da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Asemade, estes eventos forman parte dos primeiros pasos para a conmemoración do VIII Centenario da Consagración da Catedral Románica de Santiago de Compostela orientados á promoción do Camiño de Santiago, a Catedral e de Galicia como destino turístico.

NoticiaA celebración destas iniciativas nun dos máis destacados e emblemáticos museos de arte do mundo, ten como finalidade atraer un mercado turístico estratéxico para Galicia como é o estadounidense. Estas xornadas inclúense dentro da política de internacionalización e promoción da cultura galega que está a desenvolver desde a Consellería de Cultura e Turismo, e que ten como obxectivo converter a Galicia e a Santiago de Compostela nun centro de referencia do panorama artístico e cultural a nivel mundial. Promovidos pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración co Metropolitan Museum Art of New York, os actos celebraronse nos edificios principal do museo, situado na Quinta Avenida de Manhattan, e en The Cloisters, no Fort Tryon Park, no norte da citada illa.

PROGRAMA DO SUNDAY AT THE MET: CELEBRATING THE CATHEDRAL OF SANTIAGO DE COMPOSTELA

14 de novembro 2010 : Grace Rainey Rogers Auditorium

10:00-12:30
Brief introduction by a Galician representative.
Virtual Reconstruction of the Romanesque Cathedral of Compostela

John William, Distinguished service professor emeritus, Department of Art and Architecture, University of Pittsburgh & co-author of the Project
Reconstructing the Cathedral of Compostela: the Art Historical Issues.
Fernando López Alsina, Professor of Universidad de Santiago de Compostela & co-author
Reconstructing the Medieval Compostela from Documentary Sources

José Suarez Otero, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo & co-author
Digging in a Medieval Cathedral

John Dagenais, Associate Professor, Department of Spanish and Portuguese, University of California, Los Angeles & Director of Project
Presentation of the Virtual Reconstruction Project of the Cathedral of Compostela

2:00-5:00
Janice Mann, Samuel H. Kress Professor of Art History, Bucknell University
Santiago Beckons: Artist and Scholars on the Pilgrimage Road

Margot Fassler, Keough-Hesburgh Professor of Music History & Liturgy, University of Notre Dame
The Musical Repertoires and Liturgical Contexts of the Codex Calixtinus: An Overview.

Concerto: Lionheart
El Siglo d’Oro & Selections from the Codex Calixtinus












R., 2010-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES