Radio ECCA: Galego por Internet
A Fundación Ecca vaimpartir durante este ano cursos preparatorios para o Certificado de lingua galega (Celga), a través da súa rede de emisoras radiofónicas e, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ofrecerá un novo servizo ao seu alumnado: a posibilidade de formarse en galego a través de Internet, xa que se poderán descargar os documentos escritos e sonoros dos cursos Celga 1 ao Celga 4 na web da Fundación.
Estes cursos Celga están dirixidos ás persoas adultas que, pola súa situación laboral ou localización xeográfica, teñen dificultades para acceder á oferta formativa habitual en galego. Polo tanto, o fin prioritario desta iniciativa é facilitarlle a posibilidade de recibir formación en galego a un sector da sociedade que precisa dunhas condicións e horarios especiais.
Os cursos, un total de catro dos niveis Celga 1 ao Celga 4, teñen unha duración de 75 horas. A súa organización baséase na metodoloxía semipresencial, que combina a escoita a través das emisións abertas de ECCA ou a escoita grazas á rede en mp3, a clase a distancia con material didáctico impreso e a asistencia a clases nas que se practica a expresión oral.
A Fundación ECCA é unha entidade de ámbito nacional que se dedica á formación de adultos a través dunha cadea de emisoras culturais de radio. Concretamente en Galicia dispón dunha rede de centros de educación permanente de adultos distribuídos polas catro provincias, o que supón unha infraestrutura idónea para estender a cobertura do territorio.
Pola súa parte, Política Lingüística está traballar para darlle facilidades ao amplo sector da poboación adulta que desexa adquirir ou mellorar a súa competencia en galego. Froito deste esforzo é o primeiro curso en liña orientado á preparación da certificación de lingua galega no nivel 1, que botará a andar o próximo 4 de setembro. Trátase dun primeiro paso nun ambicioso proxecto que aproveita as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías da información e da comunicación para os medios formativos.
R., 2010-08-12
Actualidad
A Xunta estenderá a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid ata o 31 de xaneiro. O obxectivo é permitir que a poboación diana que aínda non se vacinou teña a oportunidade de facelo antes da chegada do pico de contaxios. Tomando como base o labor de vixilancia epidemiolóxica realizado pola Consellería de Sanidade, o pico da gripe está previsto na semana do 20 ao 26 de xaneiro. Nestes momentos, o nivel da onda é baixo, con tendencia crecente, e a previsión é que continúe así durante a segunda e a terceira semana deste mes. As persoas pertencentes aos grupos de risco poden solicitar autocita a través da aplicación Sergas Móbil, no apartado de campañas de promoción da saúde. Os horarios de vacinación nos 14 hospitais públicos están dispoñibles na web do Sergas.
Esta mostra, que afondaba na cultura viquinga e tamén na súa pegada en Galicia, é responsable, xunto ás exposicións 'Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum' e 'Tattoo. Arte baixo a pel', de que a Cidade da Cultura despida 2024 coa cifra máis alta de participantes no seu programa cultural. Deste xeito, cunha media diaria de 400 visitantes, 'Unha vida viquinga sitúase', xunto a 'Faraón. Rei de Exipto e a Galicia', un relato no mundo, entre as exposicións da Cidade da Cultura cun maior número de afluencia.
Notas
Os investigadores do grupo de Enxeñaría Supramolecular (SUPREN) do CICA, Iago Neira, Marcos García e Carlos Peinador, participaron nun estudo liderado polo profesor Alberto Credi, da Universidade de Bolonia (Italia), que acaba de ser publicado na revista científica Chem. Este proxecto é o resultado dunha colaboración entre os Departamentos de Química Industrial Toso Montanari, Química Ciamician e Ciencia e Tecnoloxía Agraria e dos Alimentos de Alma Mater, A Universidade da Coruña e o Instituto Isof-Cnr en Bolonia.
Un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías organiza en Santiago a Masterclass Internacional de física de partículas que conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Será o martes 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas da USC cando alumnas de 1º bacharelato de centros educativos de toda Galicia convivirán con investigadoras do IGFAE e o CERN.