
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de presentar a obra Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999), unha homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas que achega case medio cento de prosas inéditas do escritor, ademais doutros documentos como o seu expediente académico, caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética, entre outros.
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, afirmou, durante a presentación da obra, que no caso da literatura galega, e polo que respecta á poesía, un fito indiscutible foi, en 1955, a publicación dOs Eidos, que sería referente lírico ao longo de toda a segunda metade do século XX. O conselleiro tamén falou desta obra de Novoneyra como o libro inspirado nos tesos cumes da serra do Courel, na terra moura das montañas e nos lobos que andaban polo ollo do bosco.
Na presentación de Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999), que tivo lugar na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez. Durante a súa intervención, o responsable de Política Lingüística referiuse a Novoneyra como unha figura que tivo na poesía e na lingua casa e acubillo, vínculo co pasado, co pobo e coa tradición.
Anxo Lorenzo tamén destacou que Novoneyra simultaneou durante moitos anos o seu labor poético co desempeño da presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Por iso a reflexión poética, os versos dos poetas galegos, a defensa da lingua e a promoción dos nosos escritores son asuntos reiterados das súas prosas, nas que está no poeta e o home, o escritor e o cidadán, con posicionamentos sociais e ideolóxicos claros e explícitos, afirmou o secretario xeral.
Pola súa parte, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, recordou que para os que traballamos en prol do patrimonio creativo de Galicia, esta obra constitúe un fito importante, un xeito magnífico de lembrar a actualidade do que podemos considerar como o poeta máis innovador de Galicia no século XX. O director xeral tamén fixo fincapé en que Novoneyra verteu a nosa sensibilidade a unha linguaxe universal, e converteu as nosas paisaxes e as nosas emocións en letra con experiencia de vida, en mensaxes cargadas de enerxía, capaces de transcender o tempo e as fronteiras.
O coordinador da colección Cadernos Ramón Piñeiro, Luís Alonso Girgado, e mais Luís Cochón, catedrático de ensino medio do IES Rosalía de Castro e coordinador dos textos de Novoneyra editados no volume, tamén destacaron a figura do poeta do Courel durante a presentación da obra.
A publicación de Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999) un novo volume da colección Cadernos de Ramón Piñeiro representa, neste ano 2010 no que o Día das Letras está dedicado pola Real Academia Galega ao poeta do Courel, un primeiro e importante paso na bibliografía crítico-textual do escritor. A importancia desta obra deriva do feito de publicar case medio cento de prosas inéditas do poeta; de facer un esforzo compilatorio de fontes xornalísticas dos seus poemas e, ademais, de dar a coñecer así mesmo por vez primeira o seu expediente académico (co orixinal do seu exame de ingreso no Instituto de Lugo) e unha ben ilustrativa crono-bio-bibliografía baseada en múltiples fontes, rica e precisa en datos.
Caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética completan este heteroxéneo e multifacético libro, que será en adiante consulta obrigada en futuros traballos sobre o gran poeta galego da segunda metade do pasado século.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.