
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha reunión de traballo na que se abordou a ampliación dos orzamentos que a Consellería de Cultura e Turismo destinará á RAG en 2010. Roberto Varela comunicou ao presidente o incremento deste financiamento nun 22,44% respecto ao que a institución viña percibindo desde 2006. Deste xeito, a achega alcanzará os 245.500 euros, superando en 45.000 euros a cantidade destinada á RAG nos orzamentos de 2009.
Neste liña de traballo, a Consellería de Cultura e Turismo asumirá o financiamento da reparación da cuberta do edificio da Real Academia Galega en A Coruña, valorada en 45.000 euros. As obras de reparación, comezarán unha vez sexa entregado na Consellería o proxecto de rehabilitación da cuberta que nos últimos días viuse afectado por varias tellas avariadas e pezas de uralita polas que se producían filtracións de auga.
A primeira reunión oficial do conselleiro co presidente da RAG estivo marcada, segundo Roberto Varela, pola excelente sintonía entre as institucións. Neste encontro estiveron presentes asemade o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández-Campa e unha representación de académicos.
Outro dos puntos tratados por Consellería e Academia dirixiuse cara unha posible mellora do sistema de percepción de ingresos a través do Estado. O conselleiro de Cultura e Turismo comprometeuse a traballar conxuntamente coa Academia para modificar un sistema no que a Real Academia Galega sae perxudicada na comparación coas contías destinadas polo Ministerio de Educación a outras Academias de España como o Institut dEstudis Catalans ou a Euskaltzandia (Academia da Lingua Vasca). Estas institucións contan con partidas nominativas nos orzamentos do Estado, ao contrario que a RAG.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.