
Los servicios de emergencia de 112 han recibido la madrugada del sábado 27 al domingo 28 de febrero un volumen de llamadas similar a la de un fin de semana normal, tras haberse desactivado la alerta roja en Galicia al amainar los fuertes vientos. Fuentes del 112 indicaron a EFE que la noche fue tranquila, prácticamente como cualquier otro sábado, si bien se registraron llamadas vinculadas con la caída de árboles o postes. No obstante, se mantiene la vigilancia de algunos ríos ante la eventualidad de que las crecidas pudiesen presentar problemas, como el Avia, el Támega o el Miño.
El temporal, menos intenso de lo previsto, se cobró en Galicia, sin embargo, una víctima mortal, una anciana a la que cayó encima un muro en una nave agraria a causa del viento, la incidencia más grave de las registradas en una jornada en que casi 30.000 abonados se quedaron en algún momento de la tarde sin suministro eléctrico. Unos 2.600 abonados de las provincias de Ourense y Lugo continúan todavía sin luz. La carretera que une Trives y A Rúa permanece cortada como consecuencia del temporal.
Galicia sigue, tras el paso del ciclón Xynthia, bajo la influencia de un centro de bajas presiones, centrado al oeste de la Comunidad. De esta forma, los cielos estarán nublados, con precipitaciones localmente tormentosas. La cota de nieve estará en los 800 metros y las temperaturas tendrán descensos entre ligeros y moderados. Los vientos soplarán de componente sur, flojos en general, aumentando por la tarde-noche a fuerte por las Rías Baixas y Ourense. Las temperaturas extremas previstas son las siguientes: A Coruña 8° 14° Cuntis 7° 12° Ferrol 8° 14° Fisterra 8° 13° Lalín 5° 10° Lugo 4° 11° Monforte 3° 11° O Barco 4° 11° Ourense 7° 13° Pedrafita -1° 4° Pontevedra 9° 13° Ribadeo 8° 14° Santiago 6° 11° Verín 3° 11° Vigo 10° 13° Vilagarcía 9° 13° Viveiro 6° 12º.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, fixo balance do paso do temporal Xynthia por Galicia e agradeceu especialmente a colaboración da poboación, xa que o feito de que a xente extremase as precaucións contribuíu a que os danos e incidencias causados polo temporal fosen menores.
Se a xente non seguira as medidas de precaución, os danos serían moito maiores, subliñou Rueda, que recordou que os refachos de vento foron de case 200 quilómetros por hora e agradeceu o traballo desenvolvido por todos os participantes no operativo, como os voluntarios de Protección Civil, as brigadas de Medio Rural, os bombeiros, os técnicos do 112 e o persoal de Deputacións e Concellos, entre outros.
Rueda compareceu na sede do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e polo director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, quen explicou que o temporal seguiu nun principio os modelos previstos e entrou con intensidade polo sur de Galicia, con ventos de case 200 quilómetros por hora, aínda que despois perdeu forza na súa evolución.
O titular de Presidencia explicou que a Central de Atención ás Emerxencias rexistrou no día de onte case un milleiro de incidencias relacionadas co temporal en máis de 200 concellos de Galicia, polo que afectou a dous de cada tres municipios. Case a metade delas correspondéronse con caídas de árbores.
A incidencia máis grave tivo lugar en Vilar de Barrio, onde unha muller faleceu tras a caída do muro dunha nave. Ademais, un home resultou ferido leve en Vilamartín de Valdeorras tras caerlle unha árbore no seu vehículo, e outro home está en observación nun hospital de Vigo tras caer dun andamio.
En canto ás estradas, a situación está normalizada en toda a rede autonómica, salvo en tres casos puntuais de Ourense onde hai algún problema: nas estradas que van entre Pobra de Trives e A Rúa; na que une Ourense con Castrocaldelas e Pobra de Trives; e na que vai da Gudiña á Rúa.
Respecto ao subministro eléctrico, nos peores momentos do temporal chegou a haber máis de 30.000 persoas sen servizo, aínda que se foron solucionando con prontitude e nestes momentos só quedan unhas 2.500 persoas sen subministro en toda Galicia, localizadas no interior das provincias de Lugo e Ourense. En todos os casos trabállase para solventar os problemas e está previsto que se solucionen definitivamente ao longo de hoxe. En canto ás telecomunicacións, os maiores problemas están agora mesmo en Manzaneda, onde se traballa para restablecer as comunicacións telefónicas.
Sobre a situación dos encoros, neste momento hai normalidade, aínda que seguen a niveis altos, non só polas chuvias de onte senón polas acumuladas de pasados días. Así, ata doce encoros están en observación. Sobre os anegamentos, a zona máis afectada é a de Verín, aínda que tamén houbo problemas en Ponteceso e Viveiro.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.