Noticias

Arranca la temporada del motor en Lugo con una reunión de pilotos

Promovida por la Escudería Miño en el Pabellón Provincial de los Deportes, arrancó la temporada del motor en Lugo con la Xuntanza do Automobilismo en la que participaron los pilotos lucenses en competición.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, xunto ao presidente da Escudería Miño, Carlos Íñiguez, deron comezo no Pazo dos Deportes de Lugo á Xuntanza do Automobilismo Lucense. Esta actividade, organizada pola Escudería Miño coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, constituíu a presentación da tempada de automobilismo en Lugo e pretende, segundo Antón Bao expresou, “ser o escaparate para todos os pilotos lucenses en competición”. A Xuntanza do Automobilismo ofreceu aos centos de afeccionados ao motor que se achegaron ao Pazo dos Deportes a posibilidade de ver de preto os vehículos e todo o equipo técnico dos equipos lucenses de rallys de asfalto, de montaña, todoterreo, históricos, velocidade e slálom de cara á nova tempada que comeza.

Antón Bao, vicepresidente da Deputación, foi o encargado de abrir a cinta inaugural ao espazo instalado nas inmediacións do estadio no que se atopaban instalados os paddocks dos equipos de competición, cos seus vehículos e equipo técnico. Logo de abrir oficialmente o recinto pechado, o vicepresidente da Deputación realizou unha visita aos vehículos das diferentes escudarías e equipos, onde puido conversar animadamente cos pilotos alí presentes.

NoticiaA continuación, logo de visitar o parque pechado cos vehículos, o vicepresidente da Deputación deu comezo á presentación cunhas palabras de benvida a todos os presentes na Xuntanza do Automobilismo e aproveitou para desexar os maiores éxitos aos pilotos lucenses alí congregados. Antón Bao remarcou que “desde a Área de Deportes da Deputación estase a facer un enorme esforzo por apoiar os deportistas lucenses, mantendo sobre todo unha perspectiva de base, polo que un dos factores que influíu á hora de impulsar esta actividade é porque queremos que estean presentes tamén todos aqueles pilotos que teñen menos oportunidade para saír á luz pública, de xeito que este acto sirva para que se fagan visíbeis, acompañados dos principais pilotos lucenses”. O vicepresidente da Deputación sinalou que “día a día demóstrase que o deporte do motor en Lugo move a unha grande cantidade de afeccionados e a nivel profesional está a colleitar os maiores éxitos tanto en Galiza coma no resto do Estado, polo que desde a Área de Deportes da Deputación debemos poñer os nosos esforzos en potencialo”. Bao concluíu co desexo de que “esta festa da posta en marcha da tempada do automobilismo lucense se repita ao seu remate para celebrar os éxitos dos nosos pilotos”.

NoticiaNesta Xuntanza do Automobilismo Lucense, que levou a cabo a Área de Deportes da Deputación coa organización da Escudería Miño, déronse cita centos de afeccionados para ver de preto grandes equipos lucenses como o Nupel Rally Team, cos seus espectaculares Ford Fiesta S2000, varios Mitsubishis de alta competición, vehículos Speedcar de montaña, un mítico Renault Alpine de históricos, e practicamente a totalidade de vehículos que compiten en Galiza.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias / Escudería Miño

R., 2010-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES