
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia:
A Consellería do Mar, a través da súa Secretaría Xeral, remitiu ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia un fax a través do que se lle comunica que se vai proceder á realización dunha auditoría externa e independente co fin de coñecer a situación financieira e patrimonial do órgano de xestión do molusco amparado baixo a Denominación de Orixe Protexida.
Dende a Consellería do Mar tomouse esta decisión logo de ter solicitada en ocasións reiteradas distinta información relativa ao estado das contas do Consello e que foi remitida de xeito incompleto.
Entre outra, solicitóuselle ao Consello Regulador, información referente ás contas anuais e actas das reunións dos catro últimos anos, a relación de persoal ao cargo do Consello e mais o estado de execución dous convenios asinados en 2009. Estes convenios entre o Consello Regulador e maila extinta Consellería de Asuntos Marítimos rematan este ano. O primeiro ten por finalidade a dotación de medios para emitir documentos de rexistro de moluscos bivalvos vivos e transmisión telemática de datos e, o segundo, impulsar a denominación de calidade e promocionar o produto.
Ao detectar posibles irregularidades na información solicitada (e que foi parcialmente remitida) e ante a imposibilidade de coñecer a partir dela a realidade financeira e patrimonial do Consello Regulador, a Consellería do Mar decidiu solicitar unha auditoría externa e independente que aclare a súa situación financieira e patrimonial.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.