
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia:
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana reiterou o apoio firme do novo Goberno á Feira Internacional de Acuicultura de Galicia (ACUI), que se celebrará en Vilagarcía de Arousa e que converterá durante os días 2, 3 e 4 de marzo a Galicia no centro de atención do panorama alimentario internacional. Está previsto que a feira, que ten carácter bienal, se celebre os días 2, 3 e 4 de marzo de 2010.
Entendemos que é positivo para o desenvolvemento de calquera actividade o intercambio de ideas e experiencias, apuntou a conselleira do Mar na presentación, que tivo lugar hoxe en Santiago. A titular de Mar entende que é positivo para o tecido galego traer expositores doutros países xa que nós podemos aportar moito a nivel mundial, pero tamén é gratificante para nós que outros países veñan a amosar os seus avances, as súas debilidades e os seus atrancos e como fan para resolvelos.
Rosa Quintana afirmou na presentación do evento que o seu departamento fará todo o posible por potenciar a feira e que tratará de que a participación de empresas tanto de aquí como de fóra sexa a maior posible xa que considera que feiras como estas son moi importantes para a economía e a sociedade galega. Hoxe arranca a máis íntima colaboración entre a organización da feira e a Consellería do Mar para conseguir que o 2010 sexa o ano da acuicultura, sentenciou.
A Xunta de Galicia participará en ACUI 2010 cun stand de 250 metros cadrados, nos que se manterán encontros tanto con empresas coma institucións, no que se dará acollida ás asociacións para potenciar a súa proxección, e no que haberá un espacio dedicado á I+D+i en acuicultura da man do IGAFA e do CIMA.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.