Noticias

Xosé Luis Rivas, Mini, y Baldomero Iglesias, Mero, galardonados con el Pedrón de Ouro que reciben el 24 de mayo en Iria Flavia

Los investigadores, compositores e intérpretes Mini y Mero, han sido galardonados con el Pedrón de Ouro que recogerán el 24 de mayo en un acto que se complementa con una ofrenda floral en la Casa Museo de Rosalía de Castro y la entrega del Pedrón de Honra a Mariana Ploae-Hanganu.

Nota de prensa remitida por la organización del Pedrón de Ouro:





Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, más coñecidos como Mini e Mero, intérpretes e investigadores da nosa música popular, foron promotores do colectivo Fuxan os Ventos do que formaron parte durante 10 anos. En 1984 fundaron o grupo de música tradicional A Quenlla, ao que pertencen actualmente e co que levan editados 10 discos e co que promoveron proxectos contra a drogadicción (Namórate da vida) e monográficos como Aldraxes contra a xistra; Os tempos inda non, non son chegados; Os Irmandiños; Unha vez foi o trebón; A casa que nunca tivemos; Terra, Silencios na memoria, etc.

Como mestres anovadores desenvolveron múltiples actividades consonte á renovación pedagóxica, integrados no entorno rural no que imparten a docencia. Así, son autores de materiais musicais e literarios, contos, lendas, poemas discos e refráns, libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.
Paralelamente levan corenta anos desenvolvendo un inmenso traballo de investigación musical a través de toda Galicia, pero especialmente pola súa Terra Cha natal e polas terras de Boimorto e Mesía, onde exercen a súa profesión de profesores, en busca de persoas dispostas a compartir a súa sabedoría popular.

Todo este material por eles recollido en miles de cintas magnetofónicas foille cedido por Mini e Mero ao Museo do Pobo Galego para ser dixitalizado e pasar a formar parte do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade para que volvan ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llelas fixo chegar a eles.

Pedrón de Honra: Mariana Ploae-Hanganu

Mariana Ploae-Hanganu, profesora da Universidade de Bucarest e investigadora do Instituto de Lingüística da Academia Romanesa en Bucarest, vén realizando, desde hai moitos anos, un gran labor de difusión en Romanía das linguas e literaturas galega e portuguesa.

Autora dun manual de fonoloxía portuguesa para estudantes romaneses e de traballos sobre o ensino deste idioma, publicou diversos traballos sobre os crioulos e doutorouse en 1983 cunha tese sobre o crioulo portugués de Africa. Outras das súas liñas de investigación son os traballos sobre Mourão Ferrreira, Vasco Cabral, Eugénio de Andrade ou Machado de Assis. Nesta liña ocupa un papel sobranceiro o seu papel de tradutora ao romanés da prosa e da poesía de Miguel Torga, do que é boa mostra o libro Povestiri montane. Poeme lusitane (1989).

A finais dos 80 comezou a preocuparse polo estudo da lingua galega. En 1989 participou en Santiago de Compostela no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica e en 1994 en Oxford no IV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, cun relatorio sobre as sibilantes do galego e do romanés.

Na década de 1990, primeiro na revista mensual Calende e logo no semanario de literatura Luceaf_rul, que edita en Bucarest a Unión dos Escritores de Romanía, publica traducións da prosa de Castelao e de Méndez Ferrín e poesías de Celso Emilio Ferreiro e Cunqueiro, acompañadas dunha introdución biobibliográfica de cada autor.

Nos últimos anos estivo traballando na tradución de toda a prosa literaria de Castelao ao romanés, do que é resultado o libro Castelao. Memoriile unui schelet. Opera narativ_. Teatru, Bucure_ti, Editura Semne (2008) con tradución, notas e unha ampla introdución titulada “Castelao, un home, unha obra, unha época”.

ACTO DE ENTREGA
Domingo 24 de maio ás 12,30 h.
Ofrenda floral ante a estela de Rosalía na Casa Museo de Padrón
Mantedor
David Otero Fernández

Presentador
Xosé Ramón Fandiño

Actuación do Grupo de Gaitas
Bico da Balouta

14,30 h. XANTAR DE HONRA
Restaurante Hotel Scala
Pazos – Padrón

R., 2009-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (jose-rodriguez-rgac.jpeg) Foi presentada hoxe no Parlamento Europeo a mostra 'José Rodríguez. O matemático do Bermés', un novo fito na divulgación do legado deste científico galego, cunha fonda pegada a nivel internacional, coincidindo co bicentenario do seu pasamento. Trátase da última parada dunha mostra que comezou en Santiago de Compostela e continuou en Lalín e Madrid. Agora culmina no corazón da Europa, o que dá mostra da relevancia que o Matemático Rodríguez tivo e ten como figura universal da ciencia. A mostra, que contribuirá a divulgar a Matemático Rodríguez entre os representantes da política comunitaria e os visitantes do Parlamento, expón as súas contribucións á ciencia e reivindica o seu papel como unha das mentes máis brillantes de finais do século XVIII e principios do XIX.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 12 do ano, que determina que a intensidade da gripe en Galicia se mantén baixa e a tendencia comeza a ser decrecente. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria reduciuse un 14 % con respecto á semana previa, con 38,6 consultas por 100.000 habitantes. O descenso da taxa de consultas por gripe en atención primaria obsérvase nas sete áreas sanitarias e en todos os grupos de idade.

Notas

Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ágora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES