Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
As Secretarías Xerais de Emigración e Política Lingüística convocan cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural para os galegos residentes no exterior e para aquelas persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. A resolución na que se recollen todos os aspectos e requisitos relacionados con esta cuestión fíxose pública no Diario Oficial de Galicia o martes pasado, 10 de febreiro. Estas actividades de formación realizaranse nos centros galegos do exterior e nas cidades onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega.
Os cursos convocados son os seguintes: de lingua galega e de extensión cultural nos centros galegos e entidades sen fin de lucro radicadas fóra de Galicia; e os do programa Galego na túa cidade, dirixidos a persoas residentes no exterior que estean interesadas no coñecemento da lingua galega.
Estes cursos van dirixidos, preferentemente, aos galegos residentes no exterior, aínda que poden participar tamén outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. O número de asistentes será de 20 persoas como mínimo e dun máximo de 30. Todos os seminarios terán unha duración de 75 horas e serán gratuítos para todos os participantes.
Estas actividades realizaranse, ordinariamente, con carácter intensivo, 4 horas ao día, aínda que o horario das clases poderá axustarse ás necesidades dos solicitantes. O curso terá unha duración ordinaria dun mes; pero poderá estenderse de forma excepcional ata tres meses.
Os seminarios deberán rematar antes do 15 de decembro deste ano e terán lugar nas localidades e entidades ás que se lles conceda, mediante unha resolución conxunta asinada por Emigración e Política Lingüística.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro deste ano.
Dúas son as modalidades das actividades formativas que se van impartir no exterior. Por un lado, ofértanse cursos de formación en lingua galega de catro niveis de coñecemento, válidos para a obtención dos certificados Celga 1, 2, 3 e 4. Estes seminarios non dá dereito a ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia porque, para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas deberán realizar as probas que convoca Política Lingüística, que se efectuarán nos meses de maio e novembro para España e Europa e en outubro para América.
En segundo lugar, convócanse cursos de extensión cultural, para persoas interesadas en manter o achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e demais expresións sociais e culturais do país. Ao remate destas sesións, as persoas que obteñan a cualificación de apto recibirán o diploma correspondente. A asistencia ás clases é obrigatoria.
Poderán solicitar os cursos de lingua galega e de extensión cultural as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, así como outras institucións sen fin de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que contribúan a favorecer a difusión e a preservación do patrimonio cultural galego no exterior.
Por outra banda, poderán solicitar a súa inscrición no programa Galego na túa cidade os cidadáns e as cidadás galegas residentes no exterior e os seus descendentes ou calquera outra persoa interesada no estudo e coñecemento da lingua galega.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.