Noticias

Emigración garantiza la atención domiciliaria a gallegos dependientes en Caracas (Venezuela)

Un convenio entre la Secretaría Xeral de Emigración y la Fundación Española de Emigrantes Dependientes permite garantizar la atención domiciliaria a gallegos y sus descendientes residentes en Caracas que por razones de edad, minusvalía o enfermedad no pueden desenvolverse en la vida diaria sin ayuda.

Nota de prensa remitida por la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral de Emigración que dirixe Manuel Luís Rodríguez, cooperará economicamente coa Fundación Española de Emigrantes Dependentes (FEDED) para a prestación de atención domiciliaria a galegos e descendentes residentes en Caracas que pola súa idade, enfermidade ou minusvalía non poden desenvolver, sen axuda, actividades da vida diaria consideradas esenciais para o desenvolvemento normal da súa autonomía persoal, familiar e social. Así se acordou mediante un convenio asinado en Caracas polo Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez e a Presidenta do Consello Executivo da FEDED, María Estrella Salgado, durante un acto no que tamén estiveron presentes a Conselleira de Sanidade, María José Rubio, e a Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade, Pilar Fernández, de visita oficial en Venezuela.

A FEDED ten como obxectivo principal a prestación do servizo de axuda a domicilio como un servizo social público e comunitario que presta unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial, educativo, doméstico ou técnico aos individuos e unidades de convivencia no seu domicilio cando se atopen en situacións nas que non sexa posible a realización das súas actividades habituais, ou en situacións de conflicto psico-socio-familiar para algúns dos seus membros, garantindo os desexables niveis de vida e convivencia e contribuíndo a que poidan permanecer no seu fogar mentres sexa posible.

O convenio que agora asinan a Secretaría Xeral de Emigración e a FEDED supón unha axuda económica de 20.000 € para o que resta de exercicio do ano 2008 e responde á necesidade de prestar especial atención aos españois residentes no exterior en situacións de precariedade, a través do desenvolvemento de medidas específicas de carácter asistencial para os maiores e dependentes, tal e como se recolle no Estatuto da Cidadanía Española no Exterior.

Antes de asinar este convenio Manuel Luís Rodríguez acudiu xunto á Conselleira de Sanidade, María José Rubio, e a Secretaria Xeral de Sanidade, Pilar Fernández, a un encontro coa directiva da Fundación España Saúde (FES) que preside o Dr. Francisco González Otero. A FES conta con máis de 12.000 afiliados, dos que un 26% (3.200) son galegos e actúa, practicamente, en todo o territorio venezolano. O maior número de afiliados, o 50%, concéntrase na capital, Caracas, seguida dos estados de Miranda e Carabobo. Precisamente, o pasado mes de xuño a Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Sanidade asinaron un convenio coa Fundación España Salud que supuxo unha axuda económica de 1.250.000 € a repartir nun 50% para o exercicio 2008 e o resto para o ano 2009.

Despois da visita á FES e de asinar o convenio coa FEDED a comitiva desprazarase ata a Irmandade Galega de Venezuela onde se reunirá cos beneficiarios da FES e, despois de visitar as instalacións, manterá un almorzo coa directiva do centro, encabezada polo presidente do mesmo, Luís Couto.

R., 2008-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES