Noticias

El Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la USC crea un nuevo sello editorial

USC Editora será el nuevo sello del Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), con el que se pretenden introducir criterios de calidad con especialistas de las cinco grandes áreas del conocimiento para evaluar los originales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

A Universidade de Santiago crea, no marco do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, un novo selo coñecido como USC Editora. A iniciativa introduce criterios de calidade que reforzan os xa existentes e que serán aplicados por editores especializados nas cinco grandes áreas de coñecemento que revisarán os orixinais, tendo en conta os consellos achegados por expertos alleos á USC.

Cumprirase, deste xeito, coas esixencias de organismos oficiais relacionados coa investigación, como explica o responsable académico do Servizo, Antonio Azaustre. O proxecto recólleo o novo regulamento que foi aprobado no mes de xullo en Consello de Goberno e que entrará en vigor o vindeiro 15 de outubro.

As publicacións de USC Editora organizaranse en tres grandes liñas editoriais, Académica, Docencia e Ensaio. Dentro delas poderán existir coleccións que estarán sempre actualizadas na páxina web do Servizo. Incluiranse tamén as revistas científicas da Universidade que reúnan as características esixidas pola Comisión de Publicacións.

Ademais de USC Editora, Azaustre adianta que axiña contarán cunha nova páxina web para facilitar a compra en liña e a actualización continua do catálogo. Tamén venderán os manuais elaborados polos profesores, das que o director académico do Servizo destaca como “as publicacións máis demandadas polo público e que deben estar máis presentes entre a comunidade universitaria”.

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela edita, distribúe e intercambia libros e teses de doutoramento que son resultado da investigación dos profesores da Universidade xunto con revistas científicas de diversas áreas do coñecemento. O fondo editorial recóllese, ademais, no seu Catálogo de Publicacións que se edita anualmente en formato impreso. Ao mesmo tempo, intercambia os libros e revistas con máis de mil centros universitarios e institucións científicas e de cultura de todo o mundo.

O Servizo, que xurdiu en 1945 baixo o nome de Secretaría de Publicacións da USC, comezou informalmente antes desta data “coas creacións esporádicas dos textos máis antigos na Universidade”, como apunta a directora técnica Marisa Melón.

As coleccións do Servizo recollen textos das áreas máis importantes do coñecemento. Así, Avances en... ofrece as últimas achegas en obras colectivas, produto da investigación de equipos de todas as disciplinas e consolidadas baixo a dirección de recoñecidos especialistas.

Lingua Franca recompila traducións ao galego de manuais e monografías das máis diversas áreas. Facilita o acceso a textos imprescindibles, contribuíndo ademais a afirmar a lingua galega como vehículo transmisor da ciencia e a cultura.

O mesmo obxectivo persegue Clásicos do Pensamento Universal que recolle en galego títulos fundamentais e históricos mediante unha tradución directa realizada por profesores universitarios, especialistas da materia que se trate. A lingua galega tamén se coida coa interdisciplinaria Biblioteca de Divulgación. Serie Galicia ou coa colección Fonseca. Textos Históricos.

Así mesmo, existe unha serie específica sobre filoloxía, lingüística e literatura e outra de ciencias xurídicas na que se ofrecen libros da Cátedra Jean Monet da USC ou estudos de Dereito Internacional Privado e Romano.

Sobre as coleccións, Azaustre destaca a publicación dos premios promovidos pola USC ou os manuais universitarios como canal de edición para materiais docentes e didácticos dirixidos non só ao estudantado universitario senón tamén a todas as persoas interesadas. Nesta liña, o director académico do Servizo advirte que, no futuro, pensan elaborar libros de texto sobre español para estranxeiros e para o Ensino Secundario.

R., 2008-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES