Noticias

Pesca pone en marcha una campaña de promoción del bonito del Norte bajo el título: Faino bonito

Con esta acción promocional se pretende potenciar el consumo de bonito entre la población gallega. La campaña publicitaria incluye un concurso en Internet a través de la web www.fainobonito.com, en el que se premian las mejores recetas elaboradas con bonito.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está a desenvolver unha campaña de promoción para o bonito do norte que ten como lema “Faino Bonito”. Esta acción céntrase en catro ámbitos de actuación: actividades promocionais nos mercados galegos, anuncios en prensa e en radio, folletos e carteis dirixidos aos restauradores da nosa comunidade, e unha páxina web (www.fainobonito.com) na que se inclúe, ademais de información sobre este recurso pesqueiro, un concurso no que se premiarán as mellores receitas ou trucos co bonito como protagonista.

Estas actuacións promocionais teñen como obxectivo potenciar o consumo de peixe, en concreto do bonito do norte, entre a sociedade galega. Para lograr este fin, búscase dar a coñecer os beneficios que aporta esta especie a diferentes niveis, xa que é un recurso cun elevado valor nutritivo, rico en proteínas e vitaminas A,B,D e K, e que achega tamén minerais como calcio e iodo. Trátase, ademais, dun peixe de tempada e a súa presenza en fresco nos mercados prolongarase ata o mes de setembro, xa que ata esa data mantén o traballo da frota boniteira galega no caladoiro Atlántico norte na procura do mellor bonito.

No marco desta campaña, estanse a levar a cabo un conxunto de actividades nos mercados de abastos das principais cidades galegas que xa comezaron o pasado martes 29 de xullo na Praza de Lugo de A Coruña e que rematarán o vindeiro 12 de agosto na praza de Bouzas, en Vigo. Os outros destinos nos que se levará a cabo a promoción do bonito son Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo, Monforte, Viveiro, Burela, Pontevedra e Vilagarcía. Nestas accións, para as que se conta coa colaboración de dous monitores, estase a informar aos vendedores de peixe e aos consumidores das características e propiedades deste túnido e, ademais, estanse repartindo gorros de “Faino Bonito” entre as peixeiras e dípticos informativos a toda a xente que se atopa facendo a compra no mercado.

Así mesmo, esta iniciativa contempla a difusión de anuncios en prensa escrita e radio que deron comezo esta mesma semana, e nos que se pretende resaltar, entre outras cuestións, a excelencia deste peixe azul “san, saboroso e con múltiples posibilidades na cociña” e as diferentes formas nas que se pode degustar “á grella con tomate, ao forno, en ensalada...”.

Por outra parte, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tamén busca con esta campaña actuar nos propios restaurantes, co fin de promover a presenza do bonito do norte nas cartas dos establecementos hostaleiros galegos. Para iso, o departamento autonómico repartirá folletos informativos e carteis entre os locais co lema “Faino Bonito”

Finalmente, para completar as accións promocionais, Pesca puxo a disposición do público en xeral unha páxina web da campaña, www.fainobonito.com, na que poderán atopar receitas de bonito e información pormenorizada desta especie e da forma selectiva e respectuosa coa que se pesca. Ademais, todas aquelas persoas interesadas en aportar as súas ideas ou trucos de cociña, nos que este túnido sexa o protagonista, poderán participar nun sorteo dunha fin de semana nunha casa de Turismo Rural de Galicia.

R., 2008-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES