Noticias

Pesca trabaja en un Plan Director para hacer competitiva y sostenible la flota de arrastre de litoral

Analizar las debilidades y los retos de futuro de esta actividad fue el principal objetivo de la primera reunión de la conselleira de Pesca con representantes del sector y de los sindicatos UGT, CC.OO. y CIG. De la reunión se desprende el acuerdo de creación de un grupo de trabajo y de un calendario de reuniones hasta finales de año.

Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en Santiago
unha xuntanza con representantes da frota de arrastre de litoral e dos sindicatos (CIG, UXT e CC.OO) para poñer en marcha a elaboración dun Plan Director para este segmento de actividade, de cara a garantir a súa rendibilidade e competitividade nos vindeiros anos. Esta reunión, na que tamén participou o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, é o primeiro de varios encontros nos que a Administración pesqueira galega tratará de consensuar un documento no que se analicen en profundidade as debilidades e retos de futuro que se deberán afrontar e as iniciativas que se poderán desenvolver.

Na xuntanza, Carmen Gallego destacou que a partires da formalización do grupo de traballo para a elaboración do Plan Director do Arrastre, “imos ter un calendario moi intenso de reunións de aquí e ata finais de ano”. O obxectivo é comezar de inmediato a poñer en marcha as modificacións de carácter lexislativo, tanto a nivel estatal como autonómico, que se consideren necesarias.

Así mesmo, con este documento preténdese incidir moito nos tempos de traballo da frota de arrastre de litoral, na comercialización e na identificación dos produtos de calidade, para “poder así, pola vía dos ingresos, compensar as fortes subidas do prezo do combustible, que afectan moi especialmente ao sector do arrastre”.

Cambios significativos

Carmen Gallego destacou que neste segmento de frota hai que traballar en cambios vencellados cos tempos e formas de traballo actuais, así como con cambios normativos. De feito, con respecto a esto último, explicou que haberá unha xuntanza na que se abordarán, de xeito específico, as posibles modificacións da lexislación vixente, tanto estatal como autonómica. Ademais, engadiu que as propostas de cambio “teñen que partir do propio sector pois son eles os que saen todos os días ao mar e os que saben os problemas reais cos que se atopan cando están faenando”.

A titular de Pesca insistiu en que todas estas medidas “téñennos que levar a ser capaces de acadar un sector que teña estabilidade económica, que sexa competitivo, e que, á vez, sexa respectuoso cos recursos e coa situación actual dos mesmos”.

Tamén explicou que, ao contrario do que acontece co cerco, a frota de arrastre de litoral está suxeita ao Plan de Recuperación da Cigala e da Pescada en Augas Ibéricas e, polo tanto, ten un tratamento específico no Fondo Europeo da Pesca (2007-2013). Deste xeito, o Plan Director do Arrastre non terá que ser presentado a Bruxelas, aínda que terá que achegarse ao Goberno de España para que valore as modificacións que se propoñan da lexislación estatal.

Mesas de traballo con todos os segmentos de frota

Este Plan Director do Arrastre sumarase a outro destinado á frota do cerco no que xa se está traballando de cara a acadar puntos de encontro entre as partes implicadas. Así, con estes dous documentos darase cumprimento ao compromiso adquirido pola propia Conselleira de Pesca de elaborar senllos programas para as frotas de cerco e de arrastre co obxectivo de asegurar a súa viabilidade.

A responsable do departamento de Pesca quixo facer fincapé en que, “pouco a pouco, como xa fixemos co cerco e facemos agora co arrastre, iremos segmento a segmento de frota poñendo en marcha estas mesas de traballo para que, entre todos, sexamos capaces de facer que as empresas pesqueiras galegas teñan un grande futuro por diante”.

R., 2008-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES