Noticias

El ex futbolista del Celta de Vigo, Valerie Karpin, principal impulsor del primer equipo ciclista gallego

El Karpin Galicia empezará a rodar en 2007, contará con un 70% de ciclistas gallegos y arranca con un presupuesto de 3.700.000 €.

El ex jugador del Celta de Vigo Valery Karpin y el Secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, Santiago Domínguez, acompañados por la conselleira de Cultura y Deporte Ánxela Bugallo, presentaron el embrión de la que será la escuadra Karpin Galicia. Impulsado por la empresa del ex futbolista del Celta, el nuevo equipo también cuenta con el respaldo de Caixanova, Cardomar y la Diputación Provincial de A Coruña.

El equipo comenzará a rodar en 2007 y uno de sus principales objetivos es competir en a Vuelta a España 2007 (que partirá a su vez de Galicia). Dispone de un presupuesto inicial de 3.700.000 de euros, aunque a medida que el proyecto vaya avanzando se espera llegar hasta los 4.200.000. El 68% del capital será aportado por patrocinadores privados, entre los que está Caixanova, y el resto, proviene de fondos públicos de la Xunta o de la Diputación de A Coruña.

Además, está prevista la creación de una fundación para dirigir el proyecto, cuyo presidente será Valery Karpin, mientras que la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ostentará la vicepresidencia.

Nota de la Xunta de Galicia sobre la creación del equipo de ciclismo profesional gallego: Karpin Galicia

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, anunciaron a posta en marcha do equipo galego de ciclismo profesional, unha aposta na que se vén traballando na Dirección Xeral para o Deporte dende a chegada de Santiago Domínguez.

O equipo, que recibirá o nome de “Karpin Galicia”, contará cun orzamento inicial de 3.700.000 €, dos cales o 67% corresponde a entidades privadas (Valery Karpin S.L., Caixanova, Cardomar S.L) e o 33% restante a entidades públicas (Consellería de Cultura e Deporte, Consellería de Innovación e Industria e Deputación de A Coruña), sendo o máximo patrocinador Valery Karpin S.L.

Santiago Domínguez anunciou que os primeiros pasos a dar para a posta en marcha do equipo é a creación da Fundación Ciclismo Galego, entidade encargada da xestionar e dirixir o novo proxecto do Deporte Galego. Tamén se anunciou que nas vindeiras datas se celebrará un grande acto de presentación do equipo, no que se dará a coñecer o nome do director técnico e o manager xeral, así como o maillot oficial.

Durante a rolda de prensa, a conselleira Ánxela Bugallo afirmou que “este equipo nace con varios compromisos: o apoio á canteira e ao ciclismo en xeral, que é unha plataforma tanto para corredores como técnicos; o apoio á deportividade, representado polo comportamento exemplar dos seus integrantes; e unha xestión eficiente, transparente e rigorosa”.

Valery Karpin, máximo patrocinador do equipo, afirmou que “esta é unha maneira de promocionar Galiza, que non é demasiado coñecida no exterior, e para min é un orgullo e un honor que se chame Karpin Galicia”. O ex futbolista ruso fixo referencia a que lle gustaría que houbese no equipo algúns corredores rusos “sempre e cando o director deportivo o considere oportuno”.

En representación de Caixanova, José Luis Pego afirmou que “hoxe culmina un soño do que Caixanova quere ser partícipe, seguindo a traxectoria de colaboración coa Xunta no ámbito do deporte e de apoio ao deporte base”.

Todos os demais representantes das entidades colaboradoras( Pablo Villamar da Deputación de A Coruña; Carlos Domínguez de Cardomar e Ignacio Louzao de Galicia Calidade –Industria-), así como o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Martínez, presentes no acto, cadraron en destacar que este é un momento importante para o Deporte Galego, xa que permitiría unha importante proxección exterior de Galiza.

No transcurso da rolda de prensa, e en resposta ás preguntas da prensa, o director xeral para o Deporte dixo que “a Volta a Galiza de afeccionados vai ter a partires de agora un gran premio, xa que o galego mellor clasificado pasará ao equipo profesional”. Neste senso insistiu en que “esta é unha medida pensada para relanzar esta carreira. Imos ir pouco a pouco, cos pés no chan, para ir consolidando a Volta a Galiza”.

O equipo profesional galego estará en funcionamento no ano 2007, data na que a Volta Ciclista a España sairá dende Galiza.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

R., 2006-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES