Noticias

Presnentado o festival Al–Majisti, un certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música

O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, e do director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, presentou esta mañá na Delegación Territorial o festival ‘Al–Majisti’, que se desenvolverá os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega.

Trátase –explicou o delegado territorial- dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome ‘Al–Majisti’ é o topónimo árabe traducido como “o máis grande , o grande tratado” e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, -sinalou Manuel Pardo- “que o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio”.

O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidade de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán, e terán -sinalou do delegado territorial- “a posibilidade de pasar unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da provincia de Ourense”.

Programa

O 17 de maio será o día “do Mare Nostrum á Mar Océana“. Está dedicado a Ptolomeo, á navegación astronómica e a Cristobal Colón e outros descubridores.

O 18 de maio será o día “do Mare Nubium: Alphonsus“. Será o día de Afonso X O Sabio e de Violante de Aragón.

E o 19 de maio e 2024 será o día “do Finis Terrae : Gallaecia“. Día dedicado a Galicia, onde se abordarán as figuras de Cristobal Colón galego e Afonso X e Ourense .

Nos encontros literarios, os autores asinarán as súas obras que serán distribuídas aos asistentes. Como actividades paralelas están previstas as actuacións musicais de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Coanhadeira.

As observacións astronómicas correrán a cargo de Óscar Blanco Varela, director do CAT (Centro Astronómico de Trevinca)

Este evento contará co respaldo de institucións como o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight, o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega.

R., 2024-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES