A exposición sobre Manuel RodrÃguez López chega a Meira
Está aberta na Casa do Concello de Meira, ata mediados de outubro, a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de
Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de
Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima
edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel RodrÃguez López emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.
Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na casa da cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Colexio de Paradela, Sarria, PortomarÃn, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, Biblioteca Anxo Casal de Compostela e Casa das Palabras de Guitiriz.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vÃnculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no PaÃs catalán.
A exposición forma parte dun conxunto de catro mostras na Casa do Concello de Meira. Ademáis da de Manuel RodrÃguez López están a de Avelino DÃaz, o escritor meirego para o que se ten solicitado o DÃa das Letras de 2016; a de pinturas do artista de Bazar (Castro de Rei), Anxo Lamas, e de escultura do artista de Meira Manuel Pardo. As catro foron inauguradas coa asistencia das numerosas persoas participantes na III FESTA DE AFIRMACIÓN E DIGNIDADE que -organizada por Xermolos, a Irmandade Manuel MarÃa, e a Asociación Avelino DÃaz, co Concello de Meira- comezou ese dÃa no Pedregal de Irimia para continuar na Casa do Concello coa inauguración das exposicións e un recital de cancións na praza inmediata á Casa do Concello meirego.
X.X., 2015-09-28
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios MarÃa Casares de Teatro, que congregará no Teatro RosalÃa Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañÃa Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañÃas ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e VÃctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os dÃas 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de FÃsica 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación cientÃfica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuÃr ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.